UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 17 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é o día das Letras Galegas. No cole disfrutamos dunha estupenda celebración o venres día 13. Pero homenaxear as nosas letras non debe ser cousa dun día simplemente. De feito, ao longo de todo o curso, sempre escribimos, lemos e falamos en galego. Recordaredes que en infantil fixemos un cartel (sobre un momento preciso da vida de Manuel María que formaría parte dunha serie que recollía os momentos máis significativos da vida e obra do citado autor).
Ao longo da semana do 9 ao 13 de maio, todos os nenos e nenas de infantil estivemos elaborando un gran panel no que escribimos un fermoso poema de Manuel María titulado "O meu barco". O Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua fixo unha interesante proposta que consistía en decorar o patio do centro con poemas do autor protagonista das Letras Galegas 2016. Todos os "peques" da Pementeira, o Paseo do Espolón e a Sementeira traballaron en equipo para elaborar este poético panel mariñeiro.
















O resto das clases do cole tamén escrbiron poemas de Manuel María para decorar o cole. Aquí vos deixo algúns deles.











O xoves 12 asistimos a un concerto ofrecido pola  Escola de Música de Rois.

















E xa o venres, disfrutamos da música máis tradicional galega cos grupos "O Pedrón" e "Rosalía de Castro", comemos empanada, xogamos a diferentes xogos tradicionales e pasamos unha tarde divertida...















































No hay comentarios:

Publicar un comentario