UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 9 de mayo de 2016

A COVA DOS NADADORES

O último reto na Pementeira foi moi interesante. Tiña que ver coa arte, neste caso rupestre, e tamén con África.

  • ¿Onde está situada a "Cova dos nadadores"? ¿Quen a descubriu? ¿Por que representaron esas figuras que parece que nadan dentro da cova?

Antes de propoñer o reto, estivemos vendo algunhas imaxes das pinturas e os pementeiros dixeron, sen dubidar, que as figuras estaban nadando. Parecía evidente para todos.


O curioso é que, no medio do deserto, os habitantes desas covas representasen precisamente figuras nadando. Por iso decidimos investigar.Nesta ocasión, teño que felicitar a Inés, Leire, Ana, Lucía, Antía e Alma.










Con estas investigadoras aprendemos que esta cova foi descuberta (para os europeos, claro, por suposto os beduínos da zona xa a coñecían)  polo explorador húngaro László Almasy en Gilf Kebir, Exipto, preto da fronteira con Libia en 1933.
Almasy, no seu libro "O Sáhara descoñecido" expón  a teoría de que esas esceas eran reais nesa época e que, a causa dun cambio climático, esa zona quedou convertida nun deserto. Moita xente considerou esa teoría completamente errónea. Pero en 2007 descubriuse un inmenso lago de máis de 30.000 metros cadrados baixo as areas do deserto do Sáhara, en Sudán. 

E para os papás e mamás, se queredes ver unha fermosa película sobre este explorador, arqueólogo, aviador, soldado, xeógrafo e escritor László Almasy e a Cova dos Nadadores, non vos perdades "El paciente inglés" de Minghella (seguro que moitos xa a coñecedes de sobra, especialmente os amantes da arte, seguro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario