UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 17 de febrero de 2016

TRABALLANDO O RITMO

Como xa vos comentara fai unha temporadiña, estivemos facendo prácticas para acompañar diferentes melodías con sinxelos patróns rítmicos.
O xogo (porque, en definitiva a actividade foi como un xogo no que tiña que participar todo o grupo e procurar sincronizarse -que foi a parte difícil do experimento-) consistía en repetir sempre o mesmo obstinato variando unicamente a rapidez ou a intensidade do mesmo. 
Empregamos tres pezas musicais ben diferentes:
-O Preludio do Adagio de Bach
-Imagine de John Lennon
-We will rock you de Queen.
Aínda que seguimos a ter pequenas dificultades para manter a concentración e para non aumentar a velocidade de ese patrón rítmico que empregamos nas tres composicións, en xeral, podedes comprobar que estamos intentando sentir a música, percibir o seu ritmo, e non só escoitala senón enriquecela coa nosa participación activa.
Mirade o resultado e, se vos animades, seguide practicando cos vosos fillos e fillas na casa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario