UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 31 de enero de 2016

REMATAMOS A SEMANA

Este venres 29 de xaneiro, rematamos unha semana pero tamén  rematamos o mes. O luns xa entramos en febreiro e o Entroido xa está na porta.
Na Pementeira estivemos dando os últimos retoques ao "Ollo de Horus" e, finalmente, xa o colocamos no seu lugar.








Tamén quero comartir convosco unha atividade impresa que fixemos sobre os elefantes e que demostra que, cando poñemos un pouquiño de interese, os traballos saen moi ben. ¡Mirade!






















E, para rematar esta entrada, só quero engadir dúas fotos da actuación dos nenos e nenas de 6º de Primaria que viñeron a Infantil para deleitarnos coa canción "Imagine" de John Lennon e así, xuntos, conmemorar o Día da Paz. Para min foi un pracer recibilos e escoitalos, xa que moitos deles foron os meus primeiros pementeiros cando cheguei ao cole Rosalía e gardo gratísimos recordos dos 3 anos que pasamos xuntos.



Todos coñecemos esta fermosa canción e a fermosa mensaxe que transmite. Por iso na Pementeira xa estiveramos escoitándoa durante esta semana (e mesmo compartimos no blog unha versión moi interesante pois está feita por músicos e cantantes de todo o mundo) e practicando un sinxelo acompañamento rítmico co que descubrimos algunhas cousiñas que espero poder mostrarvos a próxima semana.
Por certo, non esquezades que temos que cumplir as MANDAS DO MECO durante estes catro días que temos antes do festival. Sei que hai algunha que lles dou moita risa aos peques de infantil!!!!!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario