UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 27 de enero de 2016

¡CHEGA O DÍA DA PAZ!

A puntiño está xa de chegar o DÍA DA PAZ. Este ano, cada aula ten que elaborar un cartel adicado a un dos gañadores/as do Premio Nobel da Paz para facer unha exposición colectiva nos corredores do centro.
O ciclo de Educación Infantil (os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos), como non podía ser doutro xeito, decidimos adicarlle o noso panel informativo a Wangari Maathai, que foi condecorada co Nobel da Paz no ano 2004.
Espero que todos os pementeiros e pementeiras vos saiban contar a historia desta muller keniana (eu non vou poñer aquí nada, a ver cantos vos explican o que ela fixo). Algúns xa léstedes na casa o libro que temos na aula ou vístedes o vídeo que está en youtube (o enlace está no apartado "enlaces africanizantes" do noso blog). Pero o que si vos vou mostrar é como fomos elaborando o noso mural: coloreando o traxe de Wangari e os bordes do panel e escribindo algúns dos textos explicativos.
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos fixeron a súa parte: picaron follas, pintaron a árbore, compuxeron un texto con letras móbiles, escribiron outros textos... En fin foi un traballo conxunto e o resultado foi precioso. 





















No seguinte vídeo podedes ver que ben comenzamos o traballo: disfrutando coa música, cantando xuntos, pintando, bailando... ¡Como me gusta ter este ambiente na aula! 

A única pena que me queda é que na "Pementeira" non consigamos  manter un pouquiño o interese e a atención e teñamos que rematar estes traballos tan interesantes con malas caras. ¿Non pensades que sería estupendo poder facer as nosas tarefas disfrutando coa música como se ve no vídeo? Facédelle ver aos nenos e nenas que vos gustan estas actividades que fan no cole. A ver se, entre todos, conseguimos que nos mostren todo o seu potencial, que aprendan a ser un pouquiño responsables, que se esforcen en facer as cousas ben (¡porque poden facelo ben!), que intenten prestar atención durante un pouquiño de tempo e non acaben sempre alborotando... Veredes como, finalmente, se mostran orgullosos e felices cos resultados. A vosa opinión é fundamental para eles. 
A paz tamén temos que saber poñela en práctica na aula. E teremos que tratar de respectar as normas básicas. Así que imos poñer da nosa parte e ímonos centrar nestas cousiñas: procurar entrar e saír en orden da aula, non falar berrando, escoitar aos demáis (compañeiros e mestres) cando están falando, non empuxar aos demáis, non discutir polos materiais de traballo (rotus, plasti etc.), levantar a man para pedir o que sexa necesario, facer unha fila sen discutir dez minutos e procurar facer o que nos piden á primeira.
(Papás e mamás, botádeme unha man nestas cousiñas, por favor)

Aquí tedes o noso cartel do Día da Paz. ¿que vos parece?








O panel informativo de Wangari quedou precioso, iso ninguén o dubida. Agora temos que acadar facer cousas fermosas, interesantes e creativas pero traballando como se ve no vídeo.

E, a continuación, podedes ver xa parte da exposición sobre o Día da Paz que está colocada no cole.





3 comentarios:

  1. Cando vín o vídeo pensei: ¡Que tranquiliños estan!... todos pintando, traballando, cantando, disfrutando do seu traballo, en definitiva, disfrutando dun bo ambiente de traballo... Y eso e moi difícil de conseguir e tí consiguelo cada día, por eso tes todo o noso apoio, moito ánimo e paciencia... Parabéns Teté!!!

    O mural quedou precioso! con ese vestido de mil colores, xa lle gustaría a Agatha Ruiz De La Prada... jajajajajaja...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non sabes o que disfruto cando os vexo así! Encántame estar na aula con música e velos pintar con alegría, cantando (ata en francés, jajajaja), e cando se sinten orgullosos porque fixeron ben un traballo, ou leen unha frase e comprenden o que di... De verdade que é impresionante!!! Pero outras veces xa dubido de que elexira ben a profesión, jajajaja. Non, é broma, encántame o que fago pero son tan ambiciosa que quero que aprendan máis e disfruten máis, e valoren todo o que temos na aula (libros, xogos, obxectos de todo tipo que poden espertar a súa curiosidade...) e, claro, non sempre consigo que me escoiten e o comprendan. Pero eu sigo intentándoo e sei, por suposto, que moitos estades aí, valorando todo isto e facilitándome moito o traballo. Grazas de novo por visitarnos e por deixar un comentario tan positivo!!!!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar