UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 7 de noviembre de 2015

UN VENRES INTERESANTE

Este venres 6 de novembro foi moi interesante. Tivemos tempo de traballar, de disfrutar ca música e os contos, de investigar e de xogar. Foi un deses días que me gustan a min e que trato, por todos os medios, de que lle gusten aos meus pementeiros tamén.
O xefe Mossi do día foi Yago.



Pola mañán lemos a historia de Wangari Maathai, unha muller keniana que gañou o remio Nobel da Paz.
     
Se vos interesa a súa historia, podédela coñecer a través dun vídeo ao que podedes acceder premendo no enlace que atoparedes na columna dereita deste blog. O libro forma parte da biblioteca de aula e, polo tanto, algúns nenos/as levarano o fin de semana co pasaporte lector.
Xa que a vida de Wangari está tan relacionada coas árbores e a importancia de coidar e respectar o medio ambiente, parecía evidente que este día era o máis apropiado para que Leo iniciase unha actividade nova que consiste en elaborar un herbario. Por suposto, toda a clase participa dalgún xeito nesta actividade tan enriquecedora.
Leo comezou o seu herbario coas follas do CASTIÑEIRO, unha árbore moi galega e moi protagonista estes días nos que se celbra o magosto en moitos coles e localidades.



Mentres facíamos unha actividade impresa, estivemos disfrutando, e cantando xuntos, unha cancion africana que nos encanta.
E, pola tarde, despois de repartir os pasaportes, por fin poidemos divertirnos xogando a "WHO TOOK THE COOKIE...?"
Pero iso xa é outra historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario