UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 23 de noviembre de 2015

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS AFRICANOS: CAXIXI E KALIMBA

A semana fixemos a presentación doutros dous instrumentos africanos que temos no noso recuncho. Nesta ocasión foron  Iago, Lucía e Antía os encargados de presentalos no vídeo.
 Pero antes, todos os pementeiros e pementeiras tiveron ocasión de tocar estes dous instrumentos de percusión:
CAXIXI












KALIMBA























E agora, aquí vos deixo a presentación de Iago, Lucía e Antía. E teño que felicitalos porque o fixeron á primeira sen ter que repetir nadiña.

Disfrutamos moito tocando os instrumentos africanos. O sonido das caxixi é moi alegre e como non pesan nada (porque están feitas de palla trenzada) son moi fáciles de tocar. A Kalimba foi máis complicada porque as "teclas" que hai que presionar cos dedos son de metal, están duras e había que facer forza; aó final ata nos doían os dedos.
Agora teremos que organizar unha orquesta africana.

4 comentarios:

  1. Que sorpresa acabo de levar!!!!!! Temos unha KALIMBA na casa e eu non sabía qué era. Non recordo quen lla dera a Rita (creo que porque lle estorbaba na casa) e agora descubro como se chama e de donde é.
    Gracias Teté. Sigo aprendendo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja, a ver se non prestastes atención cando vos tocou a vos o proxecto de África. Pero vexo que sigues interesada nestas cousas e iso, para as profes de infantil, é unha auténtica satisfacción. Grazas por visitarnos e deixar os teus comentarios sempre cheos de positivismo!

      Eliminar
  2. Levan o ritmo no corpo estes pementeiros. E que formalidade na presentación. Paravens OS presentadores e a profesor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, si. É que cando falan diante da cámara póñense serios e responsables cmo poucas veces os vexo. E cada vez parece que saen máis voluntarios e temos que repetir menos as tomas. A ver se sae deaquí algún músico, actor, presentador, locutor ou artista así en xeral. Grazas por visitarnos e deixar un comentario.

      Eliminar