UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 21 de noviembre de 2015

CHAMPOLLION E OS XEROGLÍFICOS

Isto dos retos parece que lles está interesando aos pementeir@s co cal estou encantada, claro. Non hai cousa que me poña máis feliz que ver a estes pequenos con ganas de investigar, preguntándome se vou poñer un reto novo, comentando na casa en que consiste e chegando ao cole tan orgullosos coas respostas.

Onte resolvemos o enigma plantexado o xoves:
¿Quen descifrou o significado dos xeroglíficos exipcios?
Pois ben, mirade os pementeir@s que chegaron coa resposta: Roi, Iker, Leire, Leo, Anxo, Nora, Alma, Mariña, Inés e Sara. ¡Dez investigadores na Pementeira!














Todos eles descubriron que foi Jean François Champollion o que conseguiu a proeza de descifrar o significado dos xeroglíficos estudando durante 10 anos a Pedra de Rosetta. Entre todos fomos contando cousas sobre o tema:
- Champollion non foi ao cole ata os 7 anos porque había guerra (naceu en plena Revolución francesa e a maioría das escolas foran pechadas, porque pertencían a órdenes relixiosas).
- Champollion sabía moitos idiomas.
- A pedra Rosetta estaba escrita en 3 idiomas (xeroglíficos, demótico e grego antigo)
- A pedra Rosetta foi descuberta por un soldado de Napoleón na campaña que o exército francés levaba a cabo en Exipto.
- Napoleón levou a Exipto non só soldados senón tamén un grupo de científicos (historiadores, botánicos, arqueólogos, matemáticos..) que fixeron importantes excavacións, debuxos de edificións e outras construccións, estudos de botánica e exploracións diversas dándolle un importante ímpetu á Exiptoloxía.


Rosetta Stone.JPG A PEDRA DE ROSETTA
 JEAN-FRANÇOIS CHAMPOLLION

¡PARABÉNS PARA OS NOVOS INVESTIGADORES QUE SE UNIRON AO XOGO DOS RETOS!
¡PARABÉNS PARA OS INVESTIGADORES QUE PERSEVERAN E SEGUEN PARTICPANDO DÍA TRAS DÍA!

Tan metidos estabamos en Exipto que, cando rematamos a tarefa d día, decidimos pintar uns debuxos de Tutankhamon e Nefertiti.



No apartado "Enlaces africanizantes" podedes acceder aos debuxos animados "Martín o exipcio" , unha historia na que un neno vive unha aventura exipcia, claro.

2 comentarios:

  1. Que guayyy!!!
    Profe Teté, acabamos de ver o video do baile de fin de curso 2013, lembrando o ben que o pasamos.
    Un bico de Pablo Carril.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pabloooo! Non sabes o que me acordo de ti (e de Ana Tamén claro) estes días porque eras dos que sempre traías as respostas dos retos. Eu estaba feliz vendo como che gustaba investigar. Espero que vos vaia requetebén no novo cole. Espero que se deran conta da sorte que teñen de ter dous alumnos tan estupendos coma vos. Un bico fortísimo! Grazas por visitar o blog e deixar o comentario. Iste foi un agasallo insuperable!!!! GRAZAS!!!!!!!!

      Eliminar