UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 30 de noviembre de 2015

VASARELY

¡POR FIN! ¡O ENIGMA ESTÁ RESOLTO!
Hoxe pola mañán entraron 4 orgullosas pementeiras coa resposta ao último reto. O máis difícil ata o de agora. Fixeron falla varios días para resolvelo pero, con tesón, (e sobre todo con atención) todo se pode conseguir.
O reto era o seguinte:
¿Qué pintor de Hungría pintou unhas cebras moi bonitas
 que parece ata que se moven?
Ben, a cuestión foi que a maioría dos pementeiros non escoitaron a pista princpal, que era o dato de que o pintor era de Hungría (e iso que avisei de que era un dato fundamental para atopalo, xa que en internet poderían aparecer moitos pintores, uns máis coñecidos que outros, uns máis interesantes que outros... que algunha vez tiveran pintado unha cebra). Así foi que chegaron algunhas respostas que non eran as esperadas porque certamente moita xente pintou algunha cebrana súa vida  e a mostrou na rede (porque na actualidade é moi sinxelo "publicar" en internet).
O venres insistín de novo na pista fundamental e hoxe chegaron estas 4 respostas, a de Nora, Noa, Inés e Mariña. E as 4 están correctisimas:
¡VICTOR VASARELY!

Vasarely comezou estudando Medicina pero non rematou a carreira porque se decatou de que a el o que lle interesaba era a arte. Marchou a París e, precisamente alí a mediados do século XX, realizou o seu primeiro traballo importante titulado ZEBRA.



zebrak-1939


zebra1944
Non me digades que estas cebras no son fermosísimas e moi dinámicas.
E aquí están as gañadoras do reto deste luns.





sábado, 28 de noviembre de 2015

DO SAN MARTIÑO AO NADAL

O tempo pasa voando e estamos chegando xa ás festas do Nadal. Xa temos mais frío, empezamos a pensar en comer turrón e, sobre todo, en recibir os agasallos dos Reis Magos.
En fin, sen darnos conta estamos a piques de rematar novembro.
E como van cambiando os meses, tamén van cambiando as actividades escolares. Fai uns días coñecemos na aula a lenda sobre San Martiño. Leo estivo lendo a súa historia en internet, e despois escribiuna. Finalmente fomos ao "Paseo do Espolón" á explicarlla aos compañeiros de 4 anos.







Outro día viñeron dús nenas de 6º (¡os maiores do cole!) a ler uns refráns relacionados coa festa do San Martño e a época do ano na que se celebra. Unha delas, Nerea, foi tamén unha pementeira. Encantounos recibir a súa visita e escoitar os refráns.



 E, despois das actividades do San Martiño, de súpeto chega o Nadal. Nun despiste de nada apareceron as felicitacións e decoracións destas festas que tanto gustan aos nenos e nenas. Como ven sendo habitual, o Equipo de dinamización e normalización da lingua, convocou un concurso de tarxetas e de textos para poñer na felicitación do cole (que cada ano se vos envía ás casas). Na Pementeira tamén houbo varios nenos e nenas que quixeron participar.















¡NORABOA AOS PARTICIPANTES E SORTE!

















jueves, 26 de noviembre de 2015

AMULETOS EXIPCIOS

O reto de onte seguía conectado con Exipto. Despois de coñecer o Templo de Debod, que está en Madrid, decidimos investigar sobre os amuletos exipcios. Un amuleto é un pequeno obxecto que empregamos coa finalidade de que nos dé boa sorte, nos protexa frente ás cousas malas, nos proporcione saúde... Os exipcios empregaban moitos amuletos. Tres dos máis habituais eran éstes:


Ben, pois o reto consistía en averiguar os nomes destes tres amuletos (na aula fixemos as nosas propias hipótesis sobre o que era cada un e algúns pementeiros estiveron ben preto de acertar) e cal era a súa utilidade.
E aquí están os investigadores que resolveron o enigma: Leo, Roi, Noa, Alma, Mariña, Inés e Sara. ¡PARABÉNS CHIC@S!

 








Como vedes, os amuletos eran: o "Ollo de Horus", a "Cruz Ansada" e o "Escarabello". 
O "Ollo de Horus" ou UDYAT tiña propiedades curativas, purificadoras e protectoras.
A "Cruz Ansada" ou "Cruz da Vida" ou ANKH é un símbolo de inmortalidade, do renacer. O faraón Tutankhamón leva no seu nome ese "amuleto: TUT-ANKH-AMÓN.
O "Escarabello" protexía contra o mal e era un símbolo da vida eterna.

Como Exipto é tan interesante, tamén estivemos coloreando debuxos de Tutankhamon e Nefertiti e facendo a Cruz Ansada con plastilina.