UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 28 de octubre de 2015

CAGARRUTAS DE CABRA

¡Que risa! Hoxe comemos cagarrutas de cabra na Pementeira. ¡Que, sí, que sí! Que non é unha broma.
Lucía trouxo ao cole unhas boliñas de coco que se chaman así precisamente: CAGARRUTAS DE CABRA. Explicounos que as fixo ela na casa e que quería compartilas cos compis porque atopou a receita nun comic moi divertido que conta as aventuras de AKISSI, unha nena que se mete en moitos líos...
Lucía estaba moi contenta repartindo as "cagarrutas" entre os compañeiros. Todos disfrutaron comendo este peculiar postre de coco (algúns tiveron a sorte de poder repetir porque había polos menos trinta).

























¡Estaban deliciosas! E foi unha doce maneira de rematar un mércores víspera do Samaín!!!!!
Grazas Lucía, e grazas papá e mamá de Lucía, por adicar un tempiño a facer este postre e animar a Lucía a compartilo connosco. 

E aquí vos deixo un vídeo con algunhas imaxes de Akissi animadas coa música de Youssou N´Dour: unha fermosa versión instrumental da canción de Kirikou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario