UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 31 de mayo de 2015

GAFAS ALIENÍXENAS

Na Pementeira estreamos unhas gafas alieníxenas, marcianas, neptunianas, lunáticas ou galácticas, o que máis vos guste. Temos que axustalas un pouquiño porque as orellas dos pementeirosas aínda son bastante pequeniñas e non aguantan estes diseños tan estrambóticos. Pero resultou moi divertido probalas e ver todo de cores diferentes.






















 Aproveito esta entrada para felicitar a Inés por participar no concurso de portadas para a revista escolar.






martes, 26 de mayo de 2015

VISITA DE 5º A A INFANTIL

Hoxe martes foi un día bastante especial para min porque tiven a oportunidade de compartir con parte dos meus primeiros pementeiros (que agora xa están en 5º de Primaria) todo o que estamos facendo en infantil dentro do proxecto sobre o espazo.
Xuntos fomos vendo a decoración do corredor e da aula de psico e falando das personaxes e construcións alí representadas.

Así pois, conversamos  sobre  Stonehenge...
... sobre Isaac Newton...



... sobre Valentina Tereshkova...


... sobre Galileo Galilei...


...sobre Copérnico...

...sobre as Pirámides de Giza e sobre algunhas constelacións...

... e, por último, sacamos unha foto grupal na estación espacial de infantil.


Para min foi unha hora moi agradable (espero que para eles tamén) na que recordei momentos moi divertidos con estes nenos e nenas que foron os meus primeiros pementeiros. Como me dixo Miguel cando lles pedín que non alborotaran mentres estábamos no corredor e que non me fixeran berrar: "Sigue pensando en nos como eses anxiños que éramos en infantil" así que iso é o que farei.
Encantoume ver como manteñen a curiosidade e as ganas de aprender cousas novas que é algo que eu valoro moitísimo. E teño que dicir que os que non foron alumnos meus en infantil, tamén se mostraron interesados e fixeron preguntas sobre todo o que estaba representado alí.




lunes, 25 de mayo de 2015

4ª SESIÓN DE YOGA

De novo un venres con ioga. Tíñamos moitas ganas de aprender novas posturas pero algunha resultou ser un pouco difícil.

1.- Posición do peixe.









2. Posición do león.






3. Posición do laciño.








¡SEGUIREMOS  TRABALLANDO!