UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 14 de abril de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA E PICNIC

O pasado mércores fixemos a nosa sesión diaria de contacontos na biblioteca do centro. Todos os pementeiros estaban encantados de visitala de novo porque,claro, ten de todo: colchonetas, sofás, mesas grandes e mesas máis pequenas así como unha cantidade considerable de libros de todo tipo.
Cada neno/a escolleu un conto e sentouse onde mellor lle pareceu para lelo. Sacamos fotos porque, no cole, van facer un vídeo para conmemorar o Día do Libro. Todos estiveron moi concentrados na lectura (algúns máis que outros pero en xeral había un certo ambiente de concentración que as mestras tamén agradecemos de cando en vez)

























Coa chegada do bo tempo aproveitamos para merendar fóra. Como seguro que xa sabedes a todos lles encanta isto de facer picnic así que este luns foi estupendo porque disfrutamos compartindo mantel vacuno na hora da merenda. A ver se o podemos repetir pronto.







E aquí vos deixo un vídeo no que estamos a traballar no noso caderniño do Carnaval dos Animais escoitando a música de Camille Saint-Säens.




No hay comentarios:

Publicar un comentario