UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de marzo de 2015

SATURNO 6 PASANDO LISTA

Na Pementeira, o encargado de pasar lista cada día transfórmase nun robot moi especial chamado Saturno 6, como xa sabedes. Os últimos nenos e nenas que sufriron este proceso de transformación robótica para realizar estas tarefas rutinarias foron Nora, Leo, Alba, Mencía, Ana e Samuel.






















O pasado venres tivemos a oportunidade de ir á aula de desdoble a traballar coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva). Primeiro estivemos vendo a presentación sobre o sistema solar na que fomos aprendendo a relación entre cada un dos planetas e os deuses gregos e romanos. Á vez tamén fomos coñecendo algunhas interesantes e fermosas obras de arte. 
Despois estivemos xogando con Teastronomía.










E, por último, estivemos na "aula de psico" bailando todos xuntos o "Cohete musical".


6 comentarios:

  1. Eu quero un Saturno 6 "tamaño profe"!!! encántame!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois haberá que buscar os materiais e poñer aos inxeñeiros técnicos espaciais a construir un novo robot!!! Non sei se daremos feito!

      Eliminar
  2. Que chulo Saturno 6!!!, e que ilusión teñen por ser encargad@s, moi ben Pementeir@s, que divertido e o voso cole!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cada día vou coa ilusión de ter unha xornada interesante, divertida e productiva. Moitas veces non o consigo! Saturno 6 procura botarme unha man poñendo un pouco de fantasía nas rutinas de aula. Gústame que desde as casas valoredes estas propostas porque cando os nenos/as ven que vos disfrutades coas cousas que facemos no cole, eles veñen con máis ilusión e teñen máis ganas de participar, de que lles saque fotos para poñer no blog e que as podades ver na casa, de aprender cousas novas para que vós os felicitades... A vosa resposta na casa é fundamental para les. Grazas Pili, por visitarnos e por deixar o teu comentario!

      Eliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar