UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 24 de marzo de 2015

¡O CUMPLE DE SARA!

Seguimos nesta racha de aniversarios e onte celebramos os 5 anos da señorita Sara que, como é habitual, trouxo unha caixa de deliciosas galletas para compartir cos seus compis. O ritual foi o de sempre: poñer a coroa, apagar as candeas, cantar a canción de "cumpleanos feliz" e..... ¡a comeeeeerrrr!























video


miércoles, 18 de marzo de 2015

O SOL DE PARÍS


Durante este trimestre estivemos facendo una recreación persoal dunha preciosa pintura de Marc Chagall. Cada pementeiro tivo a oportunidade de plasmar a súa visión da obra nunha cartulina branca empregando témperas sólidas. O mellor da actividade foi poder utilizar o noso cabalete como se fósemos auténticos pintores.
Na espera de poder contemplar na casa a obra de arte de cada un dos vosos fillos/as, aquí vos deixo unha montaxe do proceso creativo na aula. Espero que disfrutedes.



Aproveito tamén para poñer aos últimos pementeir@s robotizad@s.







Onte pola tarde, os nenos e nenas que ían rematando as tarefas estiveron facendo un puzle do sistema solar que temos no recuncho espacial do corredor de infantil. ¡E chulísimo!









lunes, 16 de marzo de 2015

POESÍA ESPACIAL

¡Por fin rematamos as sesións de gravación da nosa poesía espacial! Aquí vos deixo o resultado final. ¡Espero que disfrutedes en familia!

sábado, 14 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como xa sabedes o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Tamén vos contamos xa que os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron conxuntamente un traballo sobre a cosmonauta rusa Valentina Tereshkova.
Onte, todos xuntos fomos colocar  a nosa "presentación" sobre Tereshkova nun panel situado no corredor do cole.
 

Anabel, Alejandro, Candela e Leo leron a información sobre Valentina Tereshkova que recopilamos e escribimos entre todos.










Despois Tanis foi o encargado de colocar o noso traballo no panel...

 ... e aquí podedes ver o resultado final. A nosa Valentina Tereshkova compartindo protagonismo con outras interesantes mulleres como Anna Magdalena Bach, Lucretia Caroline Herschel, a Bela Otero e Malala. Pronto estarán tamén nese panel Marie Curie e Hipatia de Alexandría.

Aproveito esta entrada para colocar as fotos das últimas nenas robotizadas da Pementeira.







E aquí están máis "valentinas tereshkovas" rematadas.




E, por último, aquí está  a contribución dos nenos e nenas de Educación Infantil para o periódico do cole.