UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 18 de enero de 2015

A TORRE DE PISA

Como xa sabedes, a figura histórica que nos vai presentando contidos no noso proxecto é Galileo Galilei. Co seu nome bautizamos a nosa nave espacial.

Pois ben, o venres fixemos unha actividade impresa relacionada coa vida de Galileo. O xenial astrónomo naceu en Pisa (Italia) e nesa cidade hai unha famosísima torre inclinada, que en realidade é o campanario da catedral.


Todos os pementeiros coñecían xa a torre e Noa explicounos que está inclinada porque o terreo estaba un pouco brando e foi cedendo.

Despois de escribir un pouquiño, os nenos e nenas pintaron a torre con acuarelas, que lles gusta moito, moito a todos.





























Disculpade a colocación das fichas. Non houbo maneira de poñelas en horizontal. Pero penso que, aínda así, se aprecia o ben que lle quedaron aos pementeir@s estas torres coloreadas con acuarela.
E se alguén ten ganas de investigar un pouco sobre este precioso campanario, anímovos a buscar información cos vosos fillos e fillas. Podedes averiguar, por exemplo:
¿Cantas campás hai neste campanario?
¿Cantos escalóns ten?
¿Que altura ten?
Ou calqueira outra cousa que vos interese...



No hay comentarios:

Publicar un comentario