UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 13 de diciembre de 2014

VÍDEOS IMPRESIONANTES PARA UN FIN DE SEMANA CON CHOIVA

Déixovos uns fantásticos vídeos relacionados co tema central do nos proxecto "Con Galileo viaxamos polo ceo". 
No primeiro podemos ver cómo se formou a Lúa. É unha impactante recreación, en só 2 minutos, de todo o proceso de evolución do satélite natural da Terra que durou  billóns de anos. En concreto este vídeo xa o estivemos vendo na aula porque é moi cortiño e nos permite ver  moi ben os meteoritos que formaron os cráteres da Lúa, os volcáns que deixaron esas zonas escuras (os chamados mares da Lúa) etc.


O segundo vídeo permítenos aprender a recoñecer algunhas das constelacións das que estamos a falar na aula. Algunhas delas xa as recoñecemos moi ben pero outras son máis complicadas de atopar no ceo. Se queredes identificalas podedes ver este vídeo e, despois, unha noite clara, podedes buscalas cos vosos/as  fillos/as. Seguro que lles gustará descubrilas.
O terceiro vídeo mostra como ve un astronauta a Terra desde a súa nave. As imaxes son espectaculares.
Por último, unha canción sobre o Sol e a Lúa para que os máis pequenos disfruten un pouco despois de tanto vídeo serio e profundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario