UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 4 de diciembre de 2014

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Como ven sendo habitual nestes últimos anos, o cole Rosalía de Castro ten convocado un concurso de postais ou felicitacións de Nadal. 
Na aula "A Pementeira" varios nenos/as quixeron participar e trouxeron a súa tarxeta de felicitación. Hoxe fomos todos xuntos visitar a exposición que hai nos corredores e estivemos vendo cales nos gustaban máis. Agora temos que esperar a ver quen é o gañador ou gañadora do concurso.


Aquí están os participantes da nosa clase coas súas obras. Non se aprecian moi ben as tarxetas porque tíñamos o sol detrás.

Aquí están todos os compañeiros/as xuntos/as.
E, a continuación, podedes ver como os pementeiros/as ían mirando as postais e buscando as súas preferidas. Por suposto as imaxes de Papá Noel e as tarxetas con purpurina son as que máis lles gustan.














3 comentarios:

  1. Encántame ver o corredor do cole tan decorado!! Moita sorte a todos os pementeiros e pementeiras no concurso de postais!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que sempre é agradable ver como os nenos e nenas se animan a participar nestas actividades. Certamente os corredores están máis bonitos así.

      Eliminar
  2. Que alegria da ver que aos nenos e nenas de infantil lles gusta participar nos concursos do cole.A ver si este ano a postal gañadora sae dos artistas mais pequenos.

    ResponderEliminar