O pasado xoves, 30 de outubro, todos os nenos e nenas do cole Rosalía de Castro, e de xeito moi especial os peques de infantil, estiveron celebrando o Samaín. Houbo de todo: debuxos terroríficos, cabazas tradicionais e galácticas, e disfraces que daban moito medo.
Grazas á profe Ana que me mandou todas estas fotos, eu podo compartilas convosco. A verdade é que todos os pementeir@s estaban espectaculares.
Bos días.
ResponderEliminarO primeiro de todo: BENVIDA PROFE
Menudo festón fixeron os nenos e nenas de infantil. Non sei se dicir que estaban todos guapísimos ou sería mais apropiado dicir que estaban ´"teroríficos" . De tódolos xeitos, pasaronno xenial.