UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 15 de noviembre de 2014

A NOITE ESTRELADA

Aínda que a nosa viaxe polo universo nos conecta máis co mundo da ciencia, na "Pementeira" nunca nos esquecemos da arte. Aproveitando o tema central do noso proxecto buscamos algunhas imaxes relacionadas co ceo, as estrelas, os planetas, os satélites... porque os artistas tamén se preocupan por plasmar nas súas obras os avances técnicos que lles tocou vivir, as investigacións que se levan a cabo nese momento, os seus propios intereses e visións do mundo que lles rodea...
Atopamos algunhas pinturas que nos gustaron e que estamos intentando observar e memorizar.

                               O SOL DE  PARÍS                                                  O MESTRE DE ESCOLA
                                  (Marc  Chagall)                                                           (René  Magritte)

IMPRESIÓN: SOL NACENTE
(Claude  Monet)

A NOITE ESTRELADA
(Vincent Van Gogh)

O ASTRÓNOMO
(Johannes  Vermeer)
Unha das obras que máis gustou na "Pementeira" foi "A noite estrelada" de Vincent van Gogh e decidimos pintala. Xusto o día que íamos empezar coa actividade sorprendeunos ver no cole unha exposición de varios pintores croatas, e ¡que casualidade! había unha copia de "A noite estrelada". Así que alá fomos, ver a pintura que, aínda que non era a orixinal de Van Gogh, si que nos serbiu para observar mellor que nunha fotografía o tipo de pincelada e as cores desta fermosísima obra de arte.

E despois, empezamos a traballar. Algúns pementeir@s xa están metidos de cheo  na pintura da súa propia "noite estrelada".







E agora podedes ver como van quedando as nosas obras de arte.




Para finalizar, non podo evitar compartir con todos os que sexades, coma min, amantes da pintura de Vincent Van Gogh, unha fermosa e emotiva canción de Don MacLean que fala do atribulado pintor holandés. Clicade no título, Starry Night, e deixádevos levar pola música e a beleza das imaxes.

3 comentarios:

  1. que bonito profe Teté! e vaia artistas que temos na Pementeira! parabéns chicos e chicas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sempre teño a esperanza de que a algún pementeiro ou pementeira lle guste tanto a pintura coma a min, jajajaja. E penso que observando obras tan fermosas como estas algo espertará nas súas cabeciñas. Así que seguiremos pintando moito! Grazas por visitarnos profe Ana!

      Eliminar
  2. Que bonitos cados están a pintar estes pementeiros e pementeiras!!! Pronto poderan facer unha exposición no corredor do cole.

    ResponderEliminar