UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 29 de noviembre de 2014

TRABALLANDO E DISFRUTANDO

Aínda que hai días un pouco difíciles nos que costa concentrarse nas tarefas e, como consecuencia, non se disfruta tanto das actividades do cole, os días nos que poñemos toda a nosa vontade e bo ánimo no desenvolvemento da xornada escolar é un pracer contemplar aos pementeir@s e comprobar que poden facer as cousas ben, gañár a súa "xoaniña" e, ao mesmo tempo, pasalo xenial. Ese é un obxectivo básico: aprender, esforzarnos en facer ben os nosos traballos e disfrutar. Penso que algo disto se aprecia neste vídeo. Eu seguirei intentando acadar un ambiente agradable e relaxado na aula pero cheo de actividade, de estímulos, de esforzo e de afán de superación.

jueves, 27 de noviembre de 2014

CONVERSAMOS SOBRE O UNIVERSO

Pouco a pouco estamos aprendendo cousas diversas sobre o Universo. Algunhas aínda as temos que investigar mellor porque non as temos moi claras, outras xa están integradas nos nosos arquivos de datos. Cada día hai novo vocabulario que vai aparecendo con toda naturalidade nas conversas cotiás. Como podedes ver cando contemplades as fotos no blog, os nenos e nenas disfrutan mirando con atención e curiosidade os libros que temos no noso recuncho espacial...
Hoxe déixovos aquí un vídeo con algunhas das nosas conversas dentro de "A Pementeira". Recordade que estamos aínda nas fases iniciais do noso proxecto co cal repetimos moito as mesmas cousas, e ás veces costa un pouquiño recordar algún dato (por iso tamén hai moitos cortes para reducir eses momentos en que ninguén fala, ou hai que reconducir a conversación e volver a centrar aos pementeir@s nas cuestións sobre as que estamos a falar, evitando así que o vídeo quede moi longo). Pero penso que é moi interesante ver como van asociando conceptos, como queren explicar coas súas palabras algunhas cousas realmente complexas de entender e asimilar, como van collendo seguridade a medida que falan e "acertan" nas respostas ás preguntas que lles plantexo...


domingo, 23 de noviembre de 2014

UN DÍA TEATRAL

O venres 21 de novembro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos do cole Rosalía de Castro disfrutamos dun fantástico día teatral. Fomos todos xuntos no bus ao Auditorio de Padrón para ver "O país dos mandóns".
Aquí vos deixo un vídeo para que comprobedes o ben que o pasamos todos.
E se queredes coñecer mellor este conto tan instructivo podedes clicar na imaxe para velo.

jueves, 20 de noviembre de 2014

GALILEO E O TELESCOPIO 2

Como sabedes, a personaxe que nos anima a coñecer o universo, a viaxar polo espazo exterior, a visitar os planetas, as galaxias e as constelacións é GALILEO GALILEI. Por iso o noso proxecto se titula "Con Galileo viaxamos polo ceo" e por iso tamén a nosa nave espacial se chama NAVE GALILEO.
Pois ben, estamos aprendendo moitas cousas de este home importante. Lemos libros, vemos os debuxos animados que nos trouxo Sara (acabo de poñer un novo link no apartado Enlaces Espaciales para que poidades ver na casa eses debuxos), buscamos información en internet... E onte fixemos unha actividade impresa na que os pementeir@s tiñan que completar un pequeno texto informativo sobre a figura de GALILEO GALILEI. Como tod@s fixeron tan, tan ben o traballo decidín que tiña que poñer as fichas no blog para que vexades que, cando queren, son nenos e nenas moi competentes e capaces. Foi un traballo de bastante complexidade pois íamos lendo o texto, pensando que palabras había que poñer para completar as frases, escribir ditas palabras na pizarra e copiar as palabras na ficha no lugar correcto e sen erros.


























miércoles, 19 de noviembre de 2014

PINTANDO, LENDO E XOGANDO PASAMOS O TEMPO

Onte  e máis hoxe fixemos actividades moi variadas na Pementeira. 
1.- Seguimos pintando "A Noite Estrelada" de Vincent Van Gogh (porque é un traballo delicado, que leva tempo, e que imos facendo por pequenos grupos)




2.- Tamén lemos moitos libros sobre o universo.







3.- Xogamos na PDI  ao Memory dos Planetas en Teastronomía.









































 4.- Tamén aproveitamos a escuridadade da aula de desdobre para ver de novo as constelacións coa esfera que nos trouxo Anxo. Aquí apreciámolas mellor que na nosa aula reflexadas na pizarra dixital, nas paredes e ata no teito (aínda que nas fotos non se aprecia moito) e daba a sensación de que contemplábamos o ceo cheo de estrelas.




5.- Seguimos recibindo cousas para o noso recuncho espacial.Mariña trouxo unhas fotos de un día que foi visitar o planetario, que por certo lle gustou moito. E Inés trouxo un foguete espacial que me gustou moito porque é moi sinxeliño e creo que llo imos copiar e facer máis para colgar do teito da nosa aula. Hoxe xa lle comentei aos nenos/as que se tiñan na casa os cartonciños do papel hixiénico para tirar que os trouxeran para o cole e así podemos aproveitalos nós.

6.- E disfrutamos cantando "El cohete musical" (perdoade a escuridade do vídeo pero cando imos traballar coa pizarra dixital normalmente temos as luces apagadas pero prometo que cando xa teñamos a coreografía completa  da canción, gravaremos un vídeo con luz para que poidades bailar tamén vós na casa).
video