UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 16 de septiembre de 2014

ESTAMOS EN MARCHA

Estes primeiros días de cole estamos recordando normas e rutinas de aula, non porque xa se esqueceran senón porque están un pouquiño escondidas nas memorias dos meus pementeir@s e hai que revitalizalas e traelas de novo ao noso día a día. Levamos pouquiños días xuntos e xa estamos entrando na nosa dinámica de traballo habitual.
Hoxe tivemos un día estupendo: empezamos o noso caderniño da "Ratiña curiosa" que é unha canción coa que disfrutamos moito. Despois de escribir unhas palabriñas sinxelas e de colorear uns debuxos, e tamén de facer unhas sumas no encerado, fomos á aula de desdobre a traballar coa pizarra dixital. Ao final, a verdade, non traballamos moito e estivemos recordando a nosa actuación de Fin de Curso e vendo a presentación dos nomes dos pementeir@s (que podedes ver sempre que queirades no blog se clicades no cadro "A Escola de Doloriñas" que está no lateral dereito).
Déixovos aquí dous vídeos para que vexades como disfrutamos hoxe no cole e o contentos que están todos de compartir de novo experiencias cos seus compis.




.

3 comentarios:

  1. Pois é ben certo que estos seenteiros e sementeiras veñen con ganas de traballar! cantas cousas facedes!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Cómo se nota que estás sempre cos teus nen@s na cabeza! jajajaja, estes son pementeir@s, pero é certo que viñeron con moita enerxía e eu espero que aprendamos moitas cousas xuntos este ano. Grazas profe por visitarnos!!!!

      Eliminar
  2. jajaja menudo erro! que non se enteren nin os pementeiros nin os sementeiros de que os confundín!!! jajaja

    ResponderEliminar