UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 29 de septiembre de 2014

¡UN SAUDIÑO PARA ALONSO!

A semana pasada o noso "compi" Alonso púxose un pouquiño enfermo e tivo que ir ao hospital. Hoxe Mariña contounos que a súa mamá, que é enfermeira, o foi visitar e que xa se encontra moito mellor. Xusto despois, Ermitas, a mamá de Alonso, mandounos unha foto do noso amiguete e un saúdo que gravou co móbil. Encantounos escoitar a súa voz e ver que xa ten moi bo aspecto. Así que nós tamén quixemos facerlle un pequeno agasallo a Alonso e todos xuntos gravamos para el os nosos desexos de que veña pronto para o cole. Aquí vos deixo o vídeo e espero que Alonso o poida ver e se poña contento comprobando cómo a botamos de menos.
video

domingo, 28 de septiembre de 2014

¡CANTO SE TRABALLA NA PEMENTEIRA!


O venres traballamos moito na "Pementeira". Continuamos co noso caderniño da "Ratiña Curiosa" e seguimos intentando poñer en práctica o hábito de traballar en silencio, concentrarnos nas tarefas, esforzarnos en pensar o que temos que facer e, ao mesmo tempo, disfrutar da música que nos axuda a relaxarnos e estar un pouco máis tranquilos. Déixovos un vídeo no que podedes ver como os pementeir@s están escribindo a palabra "HERBA" e, despois, teñen que facer o debuxo correspondente.

Como vedes, aínda costa un pouquiño volver á rutina de copiar palabras da pizarra, recordar en que espazos hai que colocalas ou facer os trazos de algunhas letras. Facer os seus propios debuxos tamén lles da un pouco de medo por iso (podedes notalo no vídeo) algúns esperan a ver como debuxa a herba o compañeiro/a antes de empezar. Pero tamén se nota como os pementeir@s procuran realizar as súas tarefas  en silencio e como empezan a controlar a impulsividade (levantan a man para dicir que xa remataron pero antes de dicilo comproban que non é así, controlan ese impulso e pensan que máis teñen que facer). Penso que estamos realizando avances e seguro que a medida que vaia pasando o trimestre, notaremos que todo é moito máis fácil.
Despois de ir ao patio, fomos á pizarra dixital a facer sumas co LOBO MATÍAS. 



























Por se algún pementeir@ten ganas de xogar con MATÍAS na casa, podedes clicar no link que aparece no apartado de "enlaces favoritos" que está na columna da dereita do blog.



sábado, 27 de septiembre de 2014

¡SANDÍA DA HORTA DE ANXO!

O venres tivemos a sorte de disfrutar na "Pementeira" dunha deliciosa sandía que nos regalou Lucía, a mamá de Anxo. Algúns nenos/as non tiveron ganas de probala (preferiron tomar unicamente a súa merenda) pero outros moitos si que se animaron a degustar esta deliciosa foita (unha das miñas preferidas, por certo) da horta de Anxo.










Despois, Anxo, foi convidar a todos os compañeir@s de infantil, da "Sementeira" e do "Paseo do Espolón"






¡Grazas Lucía e Anxo por compartir esta saborosa sandía connosco!



miércoles, 24 de septiembre de 2014

MÉRCORES CON FROITA

Hoxe inauguramos na Pementeira os "Mércores son mellores con froita". E a xornada foi un éxito xa que todos os nenos e nenas da aula trouxeron froita. Para que o comprobedes, déixovos aquí as fotos e mirade que contentos/as estaban todos/as á hora da merenda.




















Aproveito esta entrada para compartir convosco algunhas fotos máis das nosas sesións de gravación da "Ratiña Curiosa" que fixemos onte. Mirade con que ánimos traballan os pementeir@s. E iso que onte, tivemos bastantes problemas cunha estrofa da canción que non había maneira de cantala ben. En fin, ata os cantantes máis famosos olvidan ás veces a letra das cancións.