UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 20 de junio de 2014

ÚLTIMO DÍA DE COLE DO CURSO 2013-14

Hoxe foi o día da entrega de traballos e notas e, tamén, o día no que nos despedimos. Agora temos dous mesiños de descanso nos que poderemos durmir máis, ir a praia, viaxar, pasar máis tempo no parque e disfrutar de divertidas xornadas de verán cos amigos e a familia. 
Todos os pementeir@s estaban radiantes coas súas bolsas decoradas con medusas, desexando mostrarvos os seus traballos e as súas notas. Espero que todos os papás e mamás as recibirades coa mesma ilusión coa que eles/as as levaron.









Despois da entrega solemne das bolsas, estivemos vendo a actuación de onte no blog. E aínda volveron bailar "Tú te me dejas querer". Non sei eu, pero algún destes pementeir@s pode que faga carreira neste mundo do artisteo. E como non era cousa de poñerse a facer moito máis o ultimo día de cole pois decidmos que tamén había que despedirse dos xoguetes que temos na aula de psico...

































¡FELIZ VERÁN CHICOS E CHICAS!


4 comentarios:

  1. Feliz verán para ti tamén Teté, e recarga moita enerxía que seguro que os pementeiros volven con forza.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Lucía, disfrutade moito do tempo libre, do sol e da praia. A min xa me están dando voltas pola cabeza algunhas cousas para o novo curso. A ver se podo con eles, jajajaja.

      Eliminar
  2. Feliz verán para ti tamén que é máis que merecido. É noraboa polo traballo e dedicación de todo o curso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Almudena e familia, por estás palabriñas e polo trato que me déstedes todos vós durante o curso. Faime falta descansar pero xa boto de menos aos nenos/as jajajaja, non sei que me da ver a clase vacía todos os días, e xa estou pensando en cousiñas para o novo curso! Seguro que imos ter un bo ano. Unha aperta!!!!!

      Eliminar