UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 7 de junio de 2014

¡GÚSTANOS FACER SUMAS!

Esta semana os pementeiros e pementeiras decidiron que querían facer sumas así que ¡a traballar! Non podemos desaproveitar o interese por facer cousas novas que isto non se ve con moita frecuencia. Aquí tendes algúns valentes que quixeron saír á pizarra a sumar. Mirade que orgullosos estaban. Os únicos problemas foron as representacións gráficas dos números (claro, aínda non traballamos como facer cada número e por iso algúns saían do revés) pero seguindo as indicacións da profe todo se soluciona. ¡Encantoume ver o satisfeitos que quedaban os nenos e nenas cando facían ben a suma! A ver se seguimos así e máis pementeir@s se animan a saír á pizarra a sumar.




Nora tamén nos explicou que a súa irmá, Alicia, pensa que 3X2 é igual a Carrefour, pero Nora di que é igual a 5. ¡JAJAJA! Está claro que xa vou ter que explicar a multiplicación en infantil. E teremos que analizar tamén os conceptos que nos transmite a publicidade. O curso que ven, vou ter moito traballo.











¡ESTUPENDO TRABALLO, CHICOS!


4 comentarios:

  1. Ahora entendo porque Anxo quixo sumar todo o fin de semana!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois que siga así. Polo menos que cheguen as ganas de traballar a final de curso, nunca é tarde... jajajaja. Pois quixeron eles facer sumas porque eu ía facer outra cousa pero, como dixen, non podo desaproveitar estas ocasións e se queren sumar pois sumamos. Grazas Lucía por visitar o blog e deixar o teu comentario.

      Eliminar
  2. Jajajajajajaja pois si ... Nora pregunta por sumas, restas, por palabras en inglés etc....vota así todo o día... jajajajaja.... Eso e ter ganas de traballar...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Así da gusto. Non sabedes o que me alegra que estes pementeir@s empecen a darse conta do ben que se sinten cando aprenden cousas novas e como disfrutan cando as comparten convosco. Eu agradézcovos moito cando comentades estas cousas porque iso quere decir que teñen ganas de aprender, e que vós o valorades positivamente e para eles iso é o máis importante, que vós lles mostredes a vosa satisfacción. GRAZAS!!!!!

      Eliminar