UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 27 de mayo de 2014

"TÚ TE ME DEJAS QUERER"

Estamos xa quentando motores para o festival de fin de curso. A actuación deste curso é moi especial. Estamos xa ensaiando pero as profes de infantil pensamos que sería unha boa idea que as familias tamén participárades na preparación da nosa "performance". Así que aquí vos deixamos un flashmob da canción "Tú te me dejas querer" interpretada por Asier Etxeandía. Con este vídeo podedes bailar cos vosos nenos/as na casa e, se vos animades, tamén podedes bailar no medio do público o día do festival. Pinchade no título para disfrutar do divertido flashmob.


E agora para que vos vaiades animando a disfrutar nas casas, tamén podedes ver un dos nosos ensaios. Aínda hai detalles que pulir pero algúns xa lle poñen moita intención.

4 comentarios:

  1. jajaja acabo de pasar un rato ben divertido. Moitas grazas profe Teté!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois para iso bailamos e cantamos, para pasar bos ratos, en boa compañía e disfrutando da boa música!. Espero que a todos os papás e mamás lles guste e practiquen moito na casa para que a actuación de infantil sexa a máis espectacular do cole!

      Eliminar
  2. Coreografía en proceso de aprendizaxe, moito se vai rir Anxo cando nos vexa a Sara e mais a min bailala, jjajajajja

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a seguir practicando. Eu espero que os papás, mamás e irmáns "pementeiros" bailen connosco o dia do festival. Temos que deixar o listón ben alto!

      Eliminar