UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 14 de mayo de 2014

ALGÚNS VÍDEOS DO NOSO DÍA A DÍA

Esta semana está indo todo moi ben. Por iso estamos aproveitando para gravar algunhas cousiñas que facemos habitualmente para compartilas coas familias. Penso que van ser recordos divertidos para estes pementeiros que xa están a piques de rematar o seu primeiro curso escolar. 
Os dous primeiros vídeos son dous fragmentos, un dunha sesión de "traballo" na aula e outro dunha sesión de psicomotricidade. Os vídeos completos irán no pen-drive ao final do trimestre (son longos e tardan  moito en subir a youtube co cal preferín poñer aquí só uns pequenos cachiños para abrir boca). O último é para ensinarvos o ben que cantan os nenos/as todos os días ao comenzar a xornada en castelán e en inglés (porque as nosas clases son trilingües, aquí falamos todo mesturado:castelán, galego e inglés, facemos todo un batido de idiomas).


¿Que vos parece? Eu penso que tampouco se pasa tan mal no cole, ¿verdade?

2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Eu penso iso moitas veces. Aínda así, non consigo convencervos dos estupendos momentos que os peques pasan no cole todos os días. Tamén teñen as súas pequenas frustracións, claro, pero vivimos moitas experiencias divertidas tamén. Grazas por visitarnos e deixar o teu comentario.

      Eliminar