UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 30 de abril de 2014

ELEGANTES E FLORIDOS

Hoxe rematamos o día cun sorriso de primavera. Os pementeiros e pementeiras levaron para as súas casas un florido colar para recibir o mes das flores que comenza mañán. Neste mes que estamos a piques de empezar, maio, sempre me gusta lerlles aos nenos/os o coñecidísimo ROMANCE  DEL  PRISIONERO, que seguramente todos coñecedes, e que dí así:

QUE POR MAYO, ERA POR MAYO

CUANDO HACE LA CALOR,
CUANDO LOS TRIGOS ENCAÑAN
Y ESTÁN LOS CAMPOS EN FLOR;



CUANDO CANTA LA CALANDRIA
Y RESPONDE EL RUISEÑOR,
CUANDO LOS ENAMORADOS
VAN A SERVIR AL AMOR.


SINO YO, TRISTE, CUITADO,
QUE VIVO EN ESTA PRISIÓN,
QUE NO SÉ CUANDO ES DE DÍA
NI CUANDO LAS NOCHES SON,
SINO POR UNA AVECILLA
QUE ME CANTABA AL ALBOR.
MATÓMELA UN BALLESTERO,
¡DÉLE DIOS MAL GALARDÓN!

En fin, que para poñernos nós tamén ben primaverais, marchamos así de elegantes para a casa.





















lunes, 28 de abril de 2014

LEONARDO DA VINCI 2

Xa que o outro día non tivemos tempo suficiente para que todos os pementeiros e pementeiras puxeran as gafas e contemplasen  a "Mona Lisa" en 3D, hoxe seguimos con esta interesante experiencia...









Como veis hay algunos que se emocionan de verdad con esto de ver la Mona Lisa en 3D.

jueves, 24 de abril de 2014

LEONARDO DA VINCI

Mariña chegou de volta ao cole moi feliz e cunha sorpresa estupenda: trouxo unha revista moi interesante que traía na súa portada a "Mona Lisa" ou, tamén coñecida como, a "Gioconda". Probablemente sexa a obra máis coñecida de Leonardo, o xenio do Renacemento que ademáis de fantástico pintor, tamén foi inventor, arquitecto, escritor, anatomista e moitas cousas máis.


Na revista estivemos vendo imaxes do "duomo" de Florencia, unha fermosa cidade na que viviu Leonardo (entre outros moitos artistas) e, aproveitando estas cousas que nos trouxo Mariña, eu tamén quixen facer a miña aportación e hoxe levei para "A Pementeira" dous libros relacionados co tema: un deles que nos conta algunhas cousiñas de Leonardo da Vinci e que nos permite ver a Mona Lisa en 3D cunhas gafas especiais, e outro que nos conta a historia da construción da cúpula de Santa Maria del Fiore da man de Filippo Brunelleschi.
Hoxe estivemos lendo o primeiro deles e descubrimos que a Leonardo lle encantaba desde pequeno inventar cousas (como máquinas voadoras) e que sempre estaba investigando, observando, medindo  e facendo cousas diversas e sorprendentes.
Ademáis da Gioconda, outra das obras máis recoñecidas de Leonardo é o "Home Vitruviano" co cal quería mostrarnos cales son as medidas do home perfecto. Neste debuxo podemos ver a figura dun home inscrita nun cadrado e  comprobamos que a medida dos brazos abertos coincide coa altura desde a cabeza ata os pes




Como a nos tamén nos gusta experimentar e investigar, decidimos comprobar se as nosas medidas coincidían coas do "Home Vitruviano". A continuación podedes ver a "Lucía vitruviana" e con xiz o cadrado onde se pode inscribir a súa silueta.
Tamén podemos ver a "Anxo vitruviano" que necesitou que fixeramos o cadrado un pouquiño máis grande porque os seus brazos son un pouquiño máis longos que os de Lucía.

Con dúas cintas (temos que comprar unha cinta métrica urxentemente porque hai que tomar medidas máis precisas), unha de cor vermella e outra de cor azul, medidas as loxitudes dos brazos extendidos e do corpo desde a cabeza ata os pes. comprobamos que son casi, casi iguais. Claro, nós non somos perfectos como o home de Leonardo pero vemos que a diferencia entre as dúas lonxitudes é pequena. 

Nora tamén quixo sentirse "Muller vitruviana" e aí a tedes no chan cos brazos abertos. Coas mesmas cintas comprobamos as súas medidas.




Animádevos na casa a repetir esta experiencia do "Home Vitruviano" a ver se cumplides ese esquema perfecto leonardiano.
Despois estivemos vendo a "Mona Lisa" en 3D coas gafas especiais. Non nos dou tempo a todos pero mañán seguiremos disfrutando desta fermosa obra de arte.