UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 29 de marzo de 2014

COUSIÑAS DE TODOS OS DÍAS

A medida que vai avanzando o curso, xa imos entendendo moito mellor as normas da aula e iso fai que o ritmo e a organización  das diferentes actividades sexa máis  fluído, e o ambiente da aula moito máis agradable. Por suposto hai días mellores que outros, claro, pero é certo que os nenos/as se sinten máis seguros, están máis adaptados, participan máis nas rutinas e, como consecuencia, tamén disfrutan máis no cole. 
Hai moitas actividades que repetimos practicamente cada día na aula: pasar lista e facer o panel  (contar os nenos que están no cole e na cas, poñer a data e tempo que fai ese día...), facer a tarefa do día (unha actividade impresa ou doutro tipo para traballar algún concepto concreto), merendar, xogar nos recunchos, "leer" na biblioteca de aula, escoitar música etc.)
Déixovos aquí un par de vídeos e algunhas fotos que vos mostran exemplos destas actividades de todos os días.


XOGANDO COAS CONSTRUCIÓNS





FACENDO PUZLES


 XOGANDO CO "XOGO DO SOL E A NUBE"

 XOGANDO CO "MEMORY MEDIEVAL"






FACENDO COLARES





 VENDO "TRISTÁN E ISOLDA" NA PDI

 LENDO LIBROS SOBRE  A IDADE MEDIA








No hay comentarios:

Publicar un comentario