UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 12 de febrero de 2014

ESCUDOS E MÁIS COUSAS

Seguimos traballando e aprendendo cousas da Idade Media (aínda que algúns paxariños me contan de cando en vez que temos algunha que outra confusión coas novas palabras que aprendemos no cole). Onte e máis hoxe estivemos gravando as voces dos pementeir@s para engadilas a unha presentación en PREZI sobre a Idade Media. 
Se a queredes ver, e escoitar, podedes pinchar no castelo que hai no lateral dereito do blog (o que ten o título "A vida na Idade Media"). Así xa enlaza coa presentación. Para ir pasando dunha ilustración a outra tedes que clicar nas flechiñas, pero non o fagades moi rápido porque hai que deixar un pouquiño de tempo para escoitar as voces dos vosos fillos e fillas.

 Os encargados de cada día seguen poñendo o gorro de bufón. Aquí vos deixo as fotos dos bufóns desta semana facendo a súa labor de pasar lista para comprobar quen veu ao cole e quen non.










Tamén entre onte e hoxe estivemos pintando uns escudos para colocar no noso castelo de Infantil. Algúns pementeiros e pementeiras xa os remataron e quedaron moi ben. Mirade que contentos están:


















2 comentarios:

  1. HOLA SON SANDRA CANTOS RECORDOS ME VEÑEN A CABECIÑA QUE BEN O TEÑO PASADO NESA CLASE E CA SUPER PROFE TETE CANTO APRENDIN UFFFFF UN MONTON AHORA MIRO ESTOS NENOS TAN PEQUECHOS E QUE TANTO TRABALLAN AHORA NADA MAIS E NADA MENOS QUE A EDAD MEDIA CHICOS NON PERDADES DETALLE DO QUE A PROFE VOS ENSEÑE QUE DESPOIS O LARGO DA PRIMARIA TOCAREDES TEMAS QUE VOS XA SABREDES DE SOBRAS DIGOVOLO POR ESPERIENCIA PROPIA E CANTO GUSTA DECIR PROFE ESO XA O DEMOS EN INFANTIL JIJIJI PASAREI MAIS A MIUDO POR AQUI A MIRAR TODO O QUE VOS ENSEÑAN UN BICO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Sandra! E moitas, moitas grazas pola túa visita ao blogue e polas palabras que me deixas. Non sabes o importante que é para unha profe que unha alumna lle diga que aprendeu moito na súa clase e que o pasou ben ((a pesar de que non sempre che gustaba que che dixese que tiñas que intentar as cousas, jajajaja,). É o máis bonito que me podías dicir, de verdade. Encántame que os "meus" expementeir@s visiten o blogue, claro que sí e tamén podedes vir de visita a ver o castelo de infantil. ¡Moitas grazas, Sandra! Unha aperta forte (xa che darei un bico forte no cole).

      Eliminar