UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 28 de febrero de 2014

¡FESTIVAL DE ENTROIDO!

Hoxe foi un día estupendo no cole. Celebramos un Entroido cheo de cores, de bailes, de disfraces divertidos, de filloas, de orellas e de rosquillas. Todo saiu realmente ben: os nenos e nenas viñeron todos moi elegantes, os bailes saíron requetebén, a merendola estaba riquísima... O único que nos apena é que a causa das previsións do tempo (que auguraban choiva) non houbo festival fóra e tivemos que facer todo o "espectáculo" no ximnasio onde non hai espazo suficiente para que estén presentes todos os papás e mamás.
Espero que, polo menos, as fotos que poñemos nos blogues sirvan para que as familias poidades compartir dalgunha maneira esta xornada festiva.
Desde A Pementeira quero dicir que o baile medieval saiu perfecto, que todos os nenos e nenas o fixeron moi ben, que disfrutaron moito das actuacións de todos os demáis compañeiros do cole (miraban sen pestanexar, coa boca aberta e sen perder detalle), que comeron moitísimo (e aínda así unha vez máis sobrou moita comida, grazas por todo o que mandástedes pero non fomos quen de acabalo, eu todo o que probei estaba boísimo)... Así que, espero que todos/as chegaran felices a casa despois dun bo día no cole.
Aquí vos deixo fotos para que, alomenos, teñades unha pequena mostra de como foi este día de Entroido.







































 Despois de posar diante dos nosos decorados medievais, chegou o momento de bailar...































































Por último, os artistas tiñan que repoñer forzas... así que ¡merendola!