UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 10 de enero de 2014

¡¡¡VIÑERON OS REIS Á PEMENTEIRA"!!!

Hoxe pola mañán, cando chegamos á nosa aula, tivemos unha gran sorpresa: ¡atopamos uns regalos colocados nunha silla! Ninguén sabía quen os deixara alí pero algunha pementeira moi espabilada dixo que ela pensaba que foran os Reis Magos. Eu tamén penso que foron eles porque sei que lles gusta deixar paquetiños con cousas estupendas dentro para os máis pequenos.
Dous pementeiros e unha pementeira ofrecéronse voluntarios para abrir os paquetes porque todos tíñamos moitas ganas de saber o que había dentro. Costoulles un pouquiño de traballo pero finalmente poidemos averiguar cales eran os agasallos que os reis Magos nos deixaran na Pementeira. ¿Queredes saber o que había nos paquetes? Pois seguide vendo as fotos...










¡Que sorte temos! As súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar portáronse requetebén e como saben que nos gustan moito os libros (porque son os nosos mellores amigos) trouxéronos catro libros de cabaleiros e castelos.
Eu estou pensando que seguramente estes Reis Magos, que che son moi intelixentes, o que pensaron é que sería unha boa idea aprender moitas cousas da Idade Media, da vida nos castelos, do que facían os reis, os cabaleiros, as damas ou os campesiños que vivían nesa época... Así que voulle facer caso a estes tres Magos de Oriente e imos empezar un proxecto de traballo na Pementeira que trate sobre ...





5 comentarios:

  1. Mira que che son pillabáns estos Reis Magos, pois na Sementeira tamén deixaron un montón de regalos relacionados coa idade media e nós tamén estamos desexando aprender cousas sobre os castelos, os cabaleiros, os soldados,... Apuntámonos a facer tamén o noso pequeno proxecto!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa vin, xa, o voso blog. E penso que polo Paseo do Espolón tamén soplan aires medievales. Así que polo que vexo dentro de pouco esta zona de infantil vai estar chea de castelos, cabaleiros,trovadores, damas, reis e princesas... ¡Auténtico ambiente medieval! Estouno desexando.

      Eliminar
  2. Levaba case un mes sen poder mirar o blogue porque non sei que "problemiña" tiña o meu ordenador que non me deixaba ver ningunha páxina de ningún blogue. Agora teño que poñerme ó día e xa vexo que este trimestre ímos viaxar na máquina do tempo a unha época tamén moi interesante e que aos nenos lles chama moito a atención por iso dos cabalos, os cabaleiros, as princesas....
    Algúns papás tamén disfrutamos tanto ou mais con esas cousas así que estaremos atentos e intentaremos colaborar en todo o que poidamos (tamén os irmáns e irmás maiores).
    unha pena non telo sabido antes (o do mesmo proxecto para os tres cursos) porque igual inventávamos algo para todos. A ver si se nos ocurre algo para todo infantil. Seguiremos pensando....
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Por certo, acabo de ver que tamén tes o enlace á páxina Caballeros y Castillos que estivemos xogando onte Pablo, Rita e mais a tola da súa mamá.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili! A verdade é que estamos ilusionadas co proxecto da Idade Media. As profes de infantil estamos traballando para facer do cole un auténtico castelo da época feudal, jajajaja. Sí que teño posto o enlace porque, certamente, neste cole de Asturias fixeron un gran traballo e hai que aproveitalo e como o empregamos na aula pois sempre está ben que se os papis e mamis o queren ver cos nenos na casa xa podan acceder directamente desde aquí. Xa vin que mandastes moitas cousas para A Sementeira. E non te preocupes que seguro que os pequepementeiros irán de visita polas outras aulas para ver que cousiñas teñen tamén. Grazas de novo por visitarnos e deixar os eus comentarios.

      Eliminar