UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 21 de enero de 2014

¡UN CHOCOCASTELO!

Onte tivemos unha sorpresa na "Pementeira". Mirade, mirade...

¿Sabedes o que é? ¡Clarooooo! ¡Un apetitoso castelo de chocolate!
A mamá de Pablo M. (da "Sementeira" -4anos-) "construiu" un castelo con tabletas de chocolate, cucuruchos, galletas e cereais. Non lle faltaba detalle: as torres, a ponte levadiza, o foso,as almeas...
A profe Ana trouxo o castelo á nosa aula para que víramos que castelo máis chocolateado tiñan na súa clase. E, ademáis, deixounos probalo. ¡Estaba deliciooooooooso!






¡GRAZAS PILI, PABLO E PROFE ANA POR COMPARTIR ESTE CHOCOCASTELO CONNOSCO!

3 comentarios:

  1. GRACIAS A VOS POR DEIXARNOS COMPARTIR E PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES DOS NOSO FILLOS. XA SABES QUE EU FAGOO ENCANTADA. (creo que me estou emocionando...) CANDO TODOS MEDREN E SEXAN XA RAPACES E RAPAZAS DE PRIMARIA E SECUNDARIA CREO QUE VOU TER UN POUCO DE MORRIÑA DESTES ANOS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡¡ Dou fe que vas ter morriña!!, mira pra min, xa non teño ningún en infantil e aquí sigo "enganchada".
      E felicidades polo pastel, xa se ve nas fotos que ós nenos faiselles a boca auga, non sei que sería das torres si non estiveran as profes diante, je,je ,
      Bicos es apertas.

      Eliminar
  2. Pois graciñas ás dúas por seguir connosco! As profes intentamos que as actividades que organizamos no cole sexan significativas para os cativos/as. A vosa participación e colaboración axuda moito a que os nenos/as se impliquen e vivan todo o que nós lles preparamos. Así que grazas pola vosa axuda, e sobre todo pensade que cando os vosos fillos e fillas medren e comprendan todo iso estarán superorgullosos das súas familias! Unha forte aperta para as dúas e para todos os papis e mamis que se meten nestes mundos que "creamos" en infantil.

    ResponderEliminar