UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 20 de enero de 2014

OS NOSOS BUFÓNS

O venres recibimos máis cousas para o noso recuncho medieval. Leo trouxo un castelo moi especial porque o fixo el mesmo coa axuda do seu irmán Dani e de mamá. Tiña a súa torre da homenaxe, o foso con auga e ata un cocodrilo, a súa ponte levadiza e de sorpresa traía un conto moi orixinal que, por suposto, lemos antes de facer o panel.
Iker trouxo outro libro de cabaleiros moi interesante e Ana un cañon e un cabaleiro medieval de xoguete.



Unha das personaxes da Idade Media que máis lle gustou aos pementeiros foi o BUFÓN.
 BUFÓN

A verdade é que os bufóns eran moi divertidos. Facían malabares, daban volteretas, brincaban sen parar, subían polas mesas e facían un montón de cousas para que os cabaleiros e as damas nobles, e tamén o rei e a raíña, disfrutaran moito nos banquetes porque non había televisións nin ipads nin ningunha desas cousas coas que pasamos moito tempo na actualidade.
O venres todos os nenos/as da aula pintaron o seu bufón con acuarelas. ¡Mirade como lles quedaron!






























1 comentario:

  1. pero bueno! vaia bufóns máis coloridos que fixeron os pequepementeir@s!!! parabéns chicos-as, quedaron moi bonitos!!!

    ResponderEliminar