UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 15 de enero de 2014

O NOSO RECUNCHO MEDIEVAL

Na Pementeira estamos intentando adentrarnos con entusiasmo na Idade Media. Pouco a pouco imos colocando cousiñas no noso recuncho. Xa temos varios libros, algúns instrumento musical, xoguetes... Mirade como nos está quedando.

Grazas a Anxo, Sara, Roi e Noa por compartir con todos os compañeiros/as as cousas da Idade Media. Penso que mañán teremos máis cousiñas para poñer no recuncho, seguro que vai medrando pouco a pouco.
Por outra banda estamos anotando as cousas que xa sabemos sobre a Idade Media no noso panel medieval. Como é a primeira vez que facemos unha actividade deste tipo, está costando un pouquiño de esforzo pero cada día procuramos ir apuntando novas ideas. Déixovos aquí tamén unhas fotos para que vexades o que xa saben os nenos e nenas de 3 anos. Iremos completando o panel pouco a pouco e iredes vendo como medran os coñecementos.

Pola tarde tivemos ocasión de ir á pantalla dixital para aprender máis cousas sobre a Idade Media vendo "Caballeros y Castillos" (se queredes tamén podedes xogar na casa. O enlace á páxina está neste blogue, no lateral dereito, no apartado "Nuestros enlaces favoritos"). É unha estupenda aplicación desenvolta polo C.P. Juan Ochoa de Avilés  que pretende achegar aos máis pequenos á época medieval.¡Animádevos a visitala cos vosos/as nenos/as! Gústalles moito porque ten unhas ilustracións moi atractivas e xogos moi divertidos. 






Espero ir poñendo boas novas nos próximos días sobre o noso proxecto de traballo. Tamén haberá sorpresas no corredor de infantil porque as profes estamos traballando para crear un ambiente completamente medieval e así lograr que os nenos e nenas de infantil aprendan moitas cousas con alegría.





2 comentarios:

  1. Que guay se ve na pantalla grande, nada que ver coa pequerrecha pantalliña do ordenador. Que o disfruten todos os pequepementeir@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E tanto! esta pantalla grande é superchula! E agora que a temos ó ladiño das aulas de infantil é moito máis cómodo e podemos ir con máis frecuencia. Así seguro que estes nenos/as van aprender un montón de cousas da idade media!

      Eliminar