UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 21 de enero de 2014

O LIBRO DOS NOMES VIAXA DE NOVO

Onte "O libro dos nomes" empezou de novo a viaxar polos domicilios dos pementeir@s. Como agora xa todos o coñecen pois xa foi a todas as casas durante o primeiro trimestre, os nenos e nenas terán a oportunidade de disfrutalo coas familias durante dous días. É dicir, se vai o luns deberá volver ao cole o mércores; se vai o mércores, volverá o venres e, por suposto, se vai o venres terá que vir de volta o luns. Así haberá máis tempo para contar letras, identificar nomes, colocar as tarxetiñas co velcro ou xogar a emparellar o sol coa nube correspondente.
Por suposto as normas seguen a ser as mesmas de sempre, e que teñen que ver co coidado do libro (coidado que és importante que os nenos teñan con todos os libros en xeral) e co respeto dos plazos, e dos materiais pois todos os compoñentes da Pementeira teñen dereito a disfrutar do libro nas mesmas condicións:
  • Os libros míranse sentados, sen tiralos no chan, sen pisalos, sen manchalos con comida (porque non xogamos con el mentres merendamos ou almorzamos) etc.
  • É importante que os nenos/as vexan o libro acompañados dun adulto (pois ten moitas cousas que se poden perder e os nenos/as de tres anos non son conscientes do que implica que se perdan "pezas" ou se rompan follas etc.)
  • Cada cousa ten o seu sitio. Se o xogo dos soles e as nubes vai metido nun sobre é por algo, así que deberá volver no mesmo sobre. O mesmo no referente ás letras móviles (que se pegan con velcro), o dvd, as tarxetas cos nomes et.
  • Antes de traelo de volta ao cole é importante comprobar que están todas as "pezas" no seu lugar e que non falta nada.

Gustaríame que todos disfrutaran moito co libro. Todos teñen moitísimas ganas de levalo así que teño que pedirvos que o día que viaxe á voa casa lle adiquedes un pouco de tempo. Pensade no que disfrutan vendo a súa foto, compoñendo o seu nome, identificando aos seus compañeiros, recitando as pequenas rimas que nos sirven para contar ou recoñecer as vogais... Se vos disfrutades (ou lle facedes ver aos vosos fillos/as que disfrutades) coas cousas que teñen que ver co cole, é moito máis fácil que eles tamén se interesen e entusiasmen coas distintas aprendizaxes. A vosa aceptación e valoración é o principal elemento motivador para os pementeir@s.

O papá de Lucía mandoume unhas fotos moi divertidas nas que se pode apreciar o ben que o pasou na nena co "Libro dos nomes". A min dame moita alegría ver con que ganas vos mostran estes materiais porque sei que a mellor maneira de aprender é disfrutando.






Grazas por compartir con nos estas fotos tan chulas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario