UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 16 de enero de 2014

EQUIPOS MEDIEVAIS

A cousa parece que vai avanzando. Hoxe chegaron máis cousiñas á Pementeira para colocar no noso recuncho medieval. Inés tróuxonos unha ballesta e un puzle, e Alba trouxo un libro moi interesante sobre os castelos. Despois. de repente, apareceron a profe Ana e Pablo Miguéns (da aula "A Sementeira")  na nosa clase  e resulta que nos traían un libro chulísimo de castelos que deixou aos pequepementeiros impresionados. A cousa foi que na aula de 4 anos xa teñen ese mesmo libro e Pablo, moi amable, en vez de levalo de volta para a casa decidiu deixalo na aula veciña, ou sexa, na nosa. Ademáis a súa mamá tamén nos prestou dous disfraces e unha espada (que como imaxinaredes fixo as delicias dos "cabaleiros-guerreiros pementeiros") ¡Que sorte tivemos!. A profe Teté tamén trouxo algunha cousiña: unha marioneta de guerreiro sarraceno e un reloxio de area. Hoxe empregámolo para medir o tempo que tardábamos en pasar lista. ¡Hai que ver que atentos estaban todos  para comprobar se daba tempo de rematar o panel antes de acabara de baixar a area!





E agora os pequementeiros/as preséntanvos os novos equipos que temos na nosa aula. Escoitade ben o que vos explican que eu penso que xa están aprendendo moito vocabulario novo.



6 comentarios:

  1. Pero bueno! vaia presentación dos Equipos novos!!! De maiores xa vos vexo presentando o telexornal (jejeje)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se é certo e saen de aquí bos comunicadores! Todas as profesións son importantes e ter soltura diante dunha cámara non é cousa fácil (polo menos para min) así que se estes pementeiros se convirten en presentadores, seguro que terán moito éxito.

      Eliminar
  2. Que gusto da velos (e escoitalos). Alegrome de que disfruten coas cousas, faime disfrutar a min tamén. Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili! A min tamén me gusta poñer vídeos porque penso que as familias deben disfrutar vendo un pouco do que fan no cole, e supoño que aos nenos e nenas lles gusta despois verse na casa (algúns pais comentan que queren ver "o cole" na casa, que lles fai gracia ver aos compañeiros, escoitar o que falamos etc.), así que espero que moitas mamás disfruten coma ti destes cachiños do noso día a día no cole. Grazas!

      Eliminar
  3. QUE RECUNCHO MAIS CHULI TENDES!!!! E OS EQUIPOS, MOI BEN EXPLICADOS!!!. A VER SE ORGANIZAMOS UNHAS VISITIÑAS AS AULAS VECIÑAS PARA VER QUE COUSAS TENDES DO PROXECTO COMÚN QUE ESTAMOS A FACER. SAUDOS DOS NEN@S E A PROFE DO PASEO DO ESPOLÓN.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Claro que si! Cando teñamos ben preparados os tres recunchos (os de cada aula) organizamos un recorrido pola Idade Media de Infantil do Rosalía!

      Eliminar