UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 31 de enero de 2014

¡PARABÉNS LEIRE!

Hoxe pola tarde celebramos o aniversario da nosa compi Leire. Onte trouxo unha caixa de galletas para compartir con todos nós pero coa celebración do Día da Paz non foi posible facer a festa.
Leire apagou as candeas e despois da canción que lle adicaron os compañeir@s, todo o mundo a comer.













jueves, 30 de enero de 2014

30 DE XANEIRO:DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ no cole. Pola mañán fomos todos xuntos a ver a exposición de pombas da paz que trouxeron os nenos e nenas tanto de infantil como de primaria. Os pequepementeir@s miraron atentamente buscando cal era a pomba que máis lles gustaba.





Da Pementeira, xa estaban expostas as últimas pombas que chegaron de Leo, Antía, Leire, Yago, Alonso, Samuel, Ana e Alba.                                           Despois do recreo, fomos todos ao ximnasio a cantar unha canción sobre a Paz e a descubrir que pombiñas foron as gañadoras dos premios.







Ao principio parece que estaban todos medio apagados, non sei se era por estar nun espazo descoñecido ou por ver tanta xente xunta (xa que estaban todos os alumnos e alumnas do cole). Pero, pouco a pouco, empezaron a animarse e a bailar. Antía e Zinthia foron as primeiras en unirse á festa e, tras elas, os demáis pementeir@s.





Tras un primer momento musical, comenzou a entrega de premios. O de infantil foi para Paula, unha pequena sementeira de 4 anos.




  







E, tras a entrega de premios, a cantar e bailar outra vez. Nesta ocasión con máis ganas e, polo tanto, disfrutando moito máis da canción.