UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de diciembre de 2013

PASANDO LISTA VII

Seguimos animando a todos os pementeir@s a pasar lista para saber quen veu ao cole e quen quedou na casa. Hai algúns que aínda se resisten e non queren participar nesta rutina de aula pero espero que co paso do tempo comprendan que, igual que o resto dos compañeiros, eles/as tamén poden facelo, e empecen a superar eses medos a facer as cousas por si mesmos. 
Estas sinxelas responsabilidades que lle encargamos aos nenos e nenas, axúdanlles a desenvolver a súa atención, a ser responsables, a formar parte dun grupo, a recoñecer as súas capacidades e, por outra banda, a afrontar pequenas frustracións... e todo isto é o que significa medrar. Moitos alumnos/as xa se deron conta que non pasa nada por participar nas tarefas de aula e que, mesmo, se sinten ben cando superan estes pequenos obstáculos, cando son os protagonistas dunha actividade e cando reciben o recoñecemento dos demáis por medio dun aplauso. De feito algúns queren pasar lista todos os días porque se sinten importantes e maiores facendo algo que antes só facía a "profe".
Hoxe déixovos un novo vídeo no que un pementeiro e unha pementeira realizan esta tarefa. ¡Espero que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario