UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 10 de diciembre de 2013

MÁIS COUSIÑAS DO NADAL

Hoxe, na Pementeira, seguimos traballando para ter un ambiente navideño nos corredores de infantil do cole Rosalía. Os rapaces e rapazas de 4 e 5 anos (A Sementeira e Paseo do Espolón), que son auténticos artistas, xa nos levan a dianteira fai días e puxeron os seus adornos por todos os sitios. Pero os pequepementeiros estamos intentando poñer o noso granciño de area. Xa temos máis postais de felicitación, máis calcetíns de Nadal e agora, tamén, unhas árbores con bolas e estrelas.
Déixovos aquí unhas fotos para que vexades que aínda que haxa días que nos costa facer cousiñas, hai outros mellores que nos dan ánimos para seguir mellorando.
Espero que vos gusten. E, como sempre vos digo, animade aos vosos fillos e fillas a esforzarse e facer cousas por si mesmos porque cando o fan síntense moi felices.











Grazas ás familias de Noa, Inés, Yago, Ana, Lucía, Antía, Samuel e Alba por participar no concurso de postais de Nadal.

Tamén chegaron algúns adornos para a árbore. Mirade que ben está quedando con todos os adorniños que están facendo os nenos e nenas do cole.





E como punto final, déixovos un vídeo no que podedes ver que os pementeir@s xa son capaces de relaxarse un pouquiño máis do que o facían a principios de curso co "Nocturno" de Chopin.




2 comentarios:

  1. QUE ADORNOS NAVIDEÑOS MAIS CHULIS FAN ESTES PEMENTEIROS, E AS POSTAIS SON PRECIOSAS.
    A VER SE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS APRENDEN DE VOS E FAN UNS TRABALLOS TAN BONITOS. AH!!! E SOBRE TODO A VER SE APRENDEN A RELAXARSE. BIKOS E PARABENS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, profe María. Estamos intentando esforzarnos un pouquiño para conseguir traballos bonitos e un bo ambiente na aula porque queremos disfrutar do cole. Pouquiño a pouco imos mellorando e cando nos din cousas así de bonitas, pois... poñémonos moi felices!!! GRAZAS! Nós tamén observamos os vosos traballos e son xeniais!

      Eliminar