UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 6 de diciembre de 2013

TÍO LOBO

Este frío xoves de decembro estivo cheo de actividade na aula "A Pementeira". O día empezou, coma sempre, coa lectura dun conto. Hoxe decidimos repetir o conto de "Tío Lobo" porque a todos os nenos e nenas da clase lles gusta moito e, por iso, aproveitamos para gravar un vídeo no que podedes comprobar o que disfrutan estes pementeir@s escoitando relatos e participando activamente nas historias.

Despois do conto, continuamos coas tarefas cotiás. Estamos intentando rematar os nosos calcetíns de Nadal para colocar nas ventás do cole (algúns xa están colocados). Aquí podedes ver a Samuel, Candela e Alonso moi satisfeitos co seu calcetín listo para colgar na fiestra.


 Leo tamén se animou a participar no concurso de tarxetas de felicitación para estas festas que se están aproximando. E aquí está, tan feliz, mostrándonos a súa postal. ¡Grazas Leo por participar!
Pola tarde tivemos un pouquiño de tempo para xogar coa plastilina (que é estupenda para desenvolver a psicomotricidade fina -o cal favorecerá, entre outras cousas, a aprendizaxe da escritura-, para potenciar o sentido do tacto, para estimular a creatividade, para reforzar aprendizaxes e, por suposto, para divertirse).





Como vedes, isto de "escribir" con plastilina gusta moito. Todos teñen ganas de facer as vogais e ata hai por aí algunha pementeira que sabe poñer nomes enteiros e ¡sen esquecer a tilde!. Estes momentos son fantásticos.
E aquí, dúas pequepementeiras que hoxe decidiron facer o chapeu do Tío Lobo (porque o conto é xenial, pero iso de chamarlle chapeu a un sombreiro pareceulles realmente divertido)




2 comentarios:

  1. Que conto mais divertido!!!! E que interes poñen.Da gusto ver como se divirten cunha lectura.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois de verdade que si. Por iso tiña ganas de que vírades o que eu vexo case todos os días, as caras de interese, de emocións, un pouquiño de medo algunha vez, alegría, confianza cando xa saben o que vai pasar... en fin, moitas cousas. Grazas Mónica por visitarnos e deixar o teu comentario. Alégrame que vexades que no cole pasamos moitos ratos fantásticos!

      Eliminar