UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 5 de noviembre de 2013

PASANDO LISTA IV

Na Pementeira seguimos dándolle a oportunidade aos nenos e nenas de levar a voz cantante nunha das rutinas máis importantes do día, que é pasar lista para comprobar quen está no cole e quen quedou na casa. Penso que xa se vai notando que teñen máis soltura e xa teñen menos medo á hora de asumir unha pequena responsabilidade. Eu espero que, pouco a pouco, vaian descubrindo que participar nas tarefas e facer as cousas por un mesmo fai que nos sintamos ben, e que a recompensa é, precisamente, a satisfacción de superar pequenos obstáculos, de aprender cousas novas, de sentirnos importantes e capaces... Unha vez máis, aproveito para animarvos, pais e nais, a darlles oportunidades aos vosos fillos/as de facer as cousas por si mesmos, de animalos a que se esforcen e de facerlles ver que eles poden, que non son bebés e son capaces de facer un montón de cousas eles sós e que non son mamá e papá os que lle teñen que dar todo feito.
Por exemplo, hoxe cando lle preguntei a Anxo se quería pasar lista, el díxome que non. Entón pregunteille:
-E logo, ¿non queres ser hoxe Papá Pitufo? ¿Por qué non queres pasar lista?
Anxo contestou con toda a razón do mundo:
-Porque tomei mel con limón.
-¡Estupendo!-díxenlle eu- Seguro que vas ter unha estupenda voz para pasar lista.
Así foi. Pasou lista, fíxoo moi ben e el quedou moi satisfeito e contento porque os compañeiros lle deron un aplauso. Probablemente pensara quen non era quen de facelo pero descubriu que si podía. Anímovos a ver o vídeo e veredes a cara de Anxo ó final.

4 comentarios:

  1. Guauuuuu est@s pementeir@s melloran a pasos axigantados !!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, profe! eu espero que xa se vaia notando que hai avances. A ver se cando acabe o 1º trimestre xa temos uns novos pementeiros, feitos e dereitos, e que sexan capaces de facer as cousas como auténticos campeóns.

      Eliminar
  2. Pois claro que si Teté serán moi traballadores pero algún terá que seguir tomando mel con limón!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mentres lle dé bo resultado, non hai problema. E seguro que con eses remedios máxicos non haberá quen poida cos pementeir@s!

      Eliminar