UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 27 de noviembre de 2013

PASANDO LISTA VI

Seguimos, como cada día, pasando lista cando chegamos ao cole para saber se estamos todos ou se alguén quedou na casa. Agora xa hai cada vez máis voluntarios/as que queren ser Pitufina ou Papá Pitufo. Esta é unha responsabilidade porque ademáis de pasar lista hai que axudar á profe a repartir as merendas e, despois, está o privilexio de ir de primeiro na fila. 
Aquí vos deixo outro video no que podedes ver como pasan lista dúas pitufinas da Pementeira.
¡Que ganiñas teño de que todos se vaian animando xa a facer cousas na aula, a asumir pequenos retos, e a disfrutar das tarefas da aula que axudan a medrar aos pementeiros!

martes, 26 de noviembre de 2013

FELICITACIÓNS DE NADAL

Xa vai quedando menos para o Nadal. Como sabedes no cole organizouse un concurso de tarxetas de felicitación. Ata o de agora, a aula "A Pementeira" só chegou unha postal que trouxo Alma. ¡Quedoulle moi divertida! Aquí podedes ver o orgullosa que está Alma coa súa postal.

A ver se algún pementeiro/a máis se anima tamén a participar no concurso. Ao mellor, se hai sorte, cae algún premio na nosa aula. ¡Nunca se sabe! Pero o importante é participar. A min encántame ver que nas familias respondedes ás propostas do cole e compartides cos nenos e nenas estes momentos, facendo cousiñas xuntos, para que eles vexan que para vos é importante o que se traballa no cole.
¡Parabéns Alma pola túa participación!
¡Ánimo pementeir@s! ¡Aínda estades a tempo de facer a vosa tarxeta de Nadal!


VOCALES DE PLASTILINA

En el aula "A Pementeira" estamos  trabajando mucho con las vocales. Jugamos a buscarlas en los nombres de los compañeros o en otras palabras que escribimos en la pizarra. También cantamos canciones como "La marcha de las letras" o recitamos poesías que nos ayudan a recordarlas. Muchos de los niños/as ya las reconocen muy bien y les gusta hacerlas con plastilina. ¡Mirad qué bien le salen!








 Como veis Roi quiso hacer las cinco vocales y le salieron fantásticas.




 Iker en vez de hacer una letra, quiso hacer el número 1 y también lo hizo perfecto.



 Y Sara  hizo la letra T.

 Ya veis que hasta jugando con la "plasti" repasamos cosas que aprendemos en clase. ¡Y ahora cada vez que hacen una letra tengo que sacarles una foto para poner en el blog!
Espero que os guste ver lo contentos que se ponen cuando les sale bien una letra o un número.

lunes, 18 de noviembre de 2013

¡O MILLO XERMOLOU!

¡Por fin! ¡O millo xermolou!. Tardou tempo e tempo pero, finalmente, medrou como é debido. ¡Mirade  como estaba ó principio e que grande está agora!











viernes, 15 de noviembre de 2013

UN BECHO ESTRAÑO

Esta semana na "Pementeira" disfrutamos dun conto moi especial titulado "Un becho estraño". É unha historia sin fin porque cando pensas que rematou... daslle a volta ó conto... e volve  empezar. 
A todos os pequepementeir@s lles gustou moito, por iso decidimos facer un vídeo que vos mostrara aos papás e mamás como é ese becho estraño que nos visitou. 
Disculpade que non vaia moi ben feito porque eu non sei moito destas cousas, nin teño a tecnoloxía que se precisaría para elaborar algo máis "profesional". Así que o que podedes ver é unha sinxela montaxe para que contempledes aos vosos fillos/as atentos e interesados nesa fantástica historia.


Despois de escoitar e ver todo o que lle ocurría a este becho, que pode dar voltas e voltas todo o día sen parar, todos os pementeir@s quixeron sacar unha foto con el. É un novo amigo que temos no cole e que nos acompañará ao longo do curso. ¡Mirade que guapos e guapas están!












jueves, 14 de noviembre de 2013

LAS VOCALES

Con una sencilla poesía estamos intentando recordar las cinco vocales y asociarlas con palabras que empiezan por cada una de ellas. El objetivo es que los niños/as vayan relacionando cada letra con el sonido correspondiente.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

EL CABALLITO

AL  PASO, AL  PASO.
AL  TROTE,  AL  TROTE.
AL  GALOPE,  AL  GALOPE...




lunes, 11 de noviembre de 2013

CUMPLE DE IAGO

Hoxe celebramos o cumple de IAGO. Agora xa é todo un mozo de 3 anos. Para celebrar esta data tan importante fixemos unha sinxela festa  na que o rei, coa súa coroa, foi IAGO, claro. Mirade que ben lle quedaba.



Despois de cantarlle o "Cumpleanos Feliz", IAGO compartiu unhas deliciosas galletas con todos os seus compañeiros/as. El mesmo se encargou de repartilas. Debían de estar ben ricas porque algúns pementeir@s comeron tres ou catro.














Todos lle adicaron un forte aplauso a Iago e déronlle as grazas por compartir con eles as galletas.

gifanimado.org