UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 15 de octubre de 2013

UVAS E FABAS

O noso recuncho de outono vai medrando. Onte Anxo trouxo uvas e fabas.
Anxo mostrounos as uvas que, como o millo, se recollen agora no outono. Todos os nenos e nenas sabían que as uvas son para comer; Inés contounos que tamén sirven para facer zume pero Anxo engadiu un dato importante: coas uvas faise o viño.




 Alma mostrounos as fabas. Moitos pementeir@s non sabían o que eran pero, claro, é que as fabas estaban dentro da súa vaíña ou casula.

Despois, sacamos as fabas da vaíña e xa todos viron as fabas que Alonso nos mostrou, e Anxo díxonos que se botan no caldo. Todos dixeron que lles gustaba moito comer fabas. Non sei eu se me dirían a verdade!







Agora xa temos un recuncho do outono un pouquiño máis cheo. E, por certo, despois de dúas semanas, mirade como temos a espiga de millo. Parece que os as follas que lle brotaron van medrando pouco a pouco.


2 comentarios:

  1. pois si que vai medrando ese recuncho, sí. Pode ser que vos falte ainda algunha cousa, pero adiviño eu que pronto vai chegar: AS CABAZAS?? Seguro que a próxima semana xa todos andamos con elas ás voltas.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jajajaja, as mamás expertas xa adiviñades o futuro! esperaremos a ver o que nos deparan os días que están por chegar! cada día hai unha novidade por estes lares! A próxima semana seguro que vai estar chea de emocións terroríficas! GRAZAS Pili!

      Eliminar