UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 4 de octubre de 2013

UNS MINUTOS DE RELAXACIÓN

Hoxe é venres. A verdade é que a semana pasou a toda velocidade. E despois de cinco días de actividade, esta tarde tivemos uns minutos de relaxación escoitando o Nocturno de Chopin. Estamos intentando rebaixar un pouquiño o nivel de enerxía desbordante que teñen estes 22 nenos/as para poder explicar as cousas sen berrar e para poder disfrutar das tarefas do cole sen enfados previos. Ao mesmo tempo imos achegándonos ao mundo da música clásica que nos proporciona sensacións moi diferentes ás que nos despertan outras cancións máis populares, coñecidas e cercanas ao mundo da infancia.

Mirade como se relaxan (ou polo menos iso era o que eu pretendía) neste vídeo:
Como vedes, os vosos peques parece que non teñen moita necesidade de relaxarse. Claro, só teñen 3 anos. Pero eu, que teño algúns máis, sí que o necesito. Asi que, co voso permiso, vou descansar un pouquiño.
¡Disfrutade do finde!





6 comentarios:

  1. Ja jaja moitas felicidades profe polo teu sentido do humor!!!!! Un video moi divertido si señor!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas! terei que seguir traballando nos dous temas, o da relaxación e o do sentido do humor. Nestes tempos que corren as dúas cousas son moi necesarias! Grazas por visitarnos e por deixar o comentario.

    ResponderEliminar
  3. HOLA, PEMENTEIR@S! ANTES DE NADA, BIENVENIDOS A ESTA NUEVA ETAPA DE VUESTRA ESCOLARIDAD. VÁIS A APRENDER UN MONTÓN DE COSAS, TAN INTERESANTES COMO DIVERTIDAS. ASÍ QUE A TRABAJAR Y DISFRUTAR.
    EN CUANTO A ESTA ACTIVIDAD DE RELAJACIÓN, MÁS QUE A LOS PEQUES NOS VENDRÍA MUY BIEN A ALGUNAS MAMÁS QUE ESTAMOS AGOTADAS POR TODA ESA ENERGÍA QUE EMANA DE NUESTR@S HIJ@S. CUANDO HAGÁIS UNA SESIÓN MAMIS, YO ME APUNTO.
    BESOS PARA LOS PEQUES Y A SU PROFE.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues tendremos que programar una conjunta para madres/papis y profes, jajajajaja. Por lo que veo la energía desbordante está presente por todos los lados, no solo en "A Pementeira" (lo cual anima un poquito). Pero yo voy a seguir intentándolo y espero que pronto pueda mostrar en el blog los avances logrados. GRACIAS por visitarnos y dejar un comentario!!!!!

      Eliminar
  4. O ano pasado eu propuxen un grupo de mamis para facer ioga, creo que so se apuntou Pere ( a mamá de Daniela, sementeira), pero o da relaxación está moi ben tamén. Se alguén mais se apunta...
    En canto ós nenos, non sei se a música clásica logra relaxalos ou non (esperemos que algo sí) pero dende logo, é fantastico logo cando aparece en algún anuncio na tele e che dín " mamí, está soando o nocturno de Chopin" ou che contan a historia de Papageno e Papagena na flauta máxica de Mozart ou o vals o "murciélago" de Strauss. etc.
    Por certo, non sei se podo pedirche unha cousa que se me está a ocurrir agora, profe Teté: unha recopilación dalgúns destes temas para poñerlle de vez en cando, sobre todo no coche, para que non os esquezan. Sen apuro, xa sei que agora mesmo bastate é poñer outro curso a andar, pero creo que non ía gustar a todos, incluso a Marcos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois é unha alegría que teñades ganas de escoitar esa música tan fermosa. É certo que os "meus" anteriores pementeir@s recoñecían moitas pezas de música clásica e sei que os novos pementeir@s tamén aprenderán a disfrutalas (polo menos por intentalo que non quede) e non te preocupes que xa che pasarei un cd en canto teña un momentiño para grabalo. GRAZAS!!!!!!!

      Eliminar