UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 28 de octubre de 2013

LIBROS VIAXEIROS E MÁIS COUSAS DESTE LUNS

Hoxe, por fin, unha pementeira tivo a sorte de levar o libro OS  NOSOS  NOMES á casa para disfrutalo coa súa familia. A partir de agora cada día un neno ou unha nena, que se porte ben no cole, poderá levalo tamén. É moi importante que todas as familias teñades coidado para non perder ningunha das tarxetiñas que forman parte deste libro, pois ten que visitar 22 domicilios. Gustaríame que o disfrutárades cos vosos fillos e fillas, que xogárades con eles animándoos a buscar e colocar cada tarxeta debaixo do nome correspondente, a formar os nomes coas letras móbiles, a xuntar cada sol coa súa nube... Todos/as teñen ganas de levalo. Sei que unha tarde é pouco tempo pero en canto os 22  pementeiros/as o vexan unha vez, poderán levalo de novo en máis ocasións. Temos moito curso por diante para disfrutalo. 











Tamén vai un CD cunha presentación en power-point cos nomes e un vídeo en movie-maker cunha canción que lles gusta moito cantar a todos ( e que podedes escoitar premendo no cadro de Julia Minguillón "A escola de Doloriñas" que está na columna dereita deste blog) 

Tamén están levando ás casas dous pequenos libriños: "El caballito" e "Las vocales" cunhas sinxelas recitacións que nos axudan a familiarizarnos coas vogais e con algúns importantes monumentos e lugares do mundo.

Pasando a outras cousas, hoxe chegaron máis bruxas ao cole. ¡Mirade!






 Por último, aproveito esta entrada para dicirvos que na columna da dereita deste blog tedes un apartado que se chama Os nosos enlaces favoritos. Aí podedes premer no título da canción, ou do conto que os nenos/as queiran ver e xa vos enlaza co vídeo correspondente. Ata o de agora coloquei os enlaces de Corre, corre, cabaciña; Cocorico; O polo Pepe e unha canción en inglés que lles gustou moito chamada Go away, big green monster...
Irei engadindo máis enlaces de maneira que na casa os pementeir@s podan compartir con vos cancións, contos ou xogos que disfrutamos na aula.


2 comentarios:

  1. Gracias Teté por explicarnos o que temos que facer ós papas que non nos contan nada do que fan no cole

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Todo se andará, Lucía. Seguro que chegará o momento en que conten cousas. E co blog, vós podedes encamiñar mellor as preguntas (porque sabedes de que vai a cousa) e se o vedes xuntos seguro que para eles é máis fácil recordar información, falar do que fixeron, do que lles gustou ou non... Eu espero que este espazo sirva para que eles compartan con vos as cousas pero tamén reforcen aprendizaxes grazas ao voso interese polo que fan. Teñomoita ilusión en que estes novos pementeir@s vaian avanzando, collendo seguridade e disfrutando moito á vez que aprenden. GRAZAS por visitarnos e deixar o teu comentario.

      Eliminar