UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 29 de octubre de 2013

GALLETAS MONSTRUOSAS E CONTOS TERRORÍFICOS

Hoxe martes tivemos no cole un día típico da celebración do Samaín. Primeiro, Leo sorprendeunos cunha fonte de galletas monstruosas e apetitosas. ¡Mirade, mirade!





A verdade é que estas galletas son auténticas obras de arte e ademais deliciosas. Como son moi grandes, os pementeir@s non foron capaces de comer unha enteira cada un así que partímolas en cachiños e mañán aínda podemos comer outro pouco e dárllelas a probar aos compis das outras aulas. Moitas grazas aos papis de Leo por compartir con nos estas sabrosas galletas  que fixeron que este martes fora un pouco máis doce. E facer unha especial co nome da aula e da profeeeee.... iso xa é para matrícula de honor. GRAZAS!!!!!

Pola tarde... ¡¡¡¡CONTOS  DE  MEDOOOOO!!!! Mirade as cariñas dos pementeir@s, moi atentos ás historias que lles contaron os compañeiros de primaria na biblioteca.






























Como vedes, no cole sempre hai cousas que facer e disfrutar. E mañán castañas e disfraces de medo!


2 comentarios:

  1. Debía ser moi entretenido porque están todos super atentos e pasmados. Ademais, os que facian o teatro e contaban os contos eran os compis maiores, verdade? Encantame esa interacitividade no cole.
    Fantástico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí, os compis maiores sempre poden ensinar algo aos máis peques, non? e penso que os pequenos de infantil tamén disfrutan compartindo actividades cos grandes, aínda que moitas veces non entendan moi ben todo, jajajaja. Pero seguro que foi unha experiencia interesante para todos.

      Eliminar