UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 31 de octubre de 2013

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO

Onte, mércores 29 de outubro, celebramos no cole a Festa do Samaín. As aulas de infantil enchéronse de bruxas, esqueletes, monstros, cabazas, vampiros... Daba medo pasar por alí. Pero, a verdade é que o pasamos moi ben. Mirade que elegantes estaban todos...



































Despois da sesión de fotos, a profe María fixo entrega do premio do concurso de bruxas. No ciclo de Infantil a gañadora foi Carolina, de 5 anos coa súa Familia Brujaltar.



E a continuación todo o mundo a bailar!


















E para rematar unha xornada festiva, nada mellor que comer unhas boas castañas asadas aproveitando o día frío pero sen choiva.

































Como vedes foi un día ben completiño. Agora a descansar uns días e á volta xa veremos que máis actividades nos esperan no cole.




3 comentarios:

  1. Pero bueno! vaia bruxas e monstros que temos na aula de 3 anos do cole. Dan medo con soamente mirar as fotos!! jajaja
    foi un día estupendo. Pasárono de rechupete xogando a dar sustos terroríficos e bailando. Xa non digamos á hora de comer castañas!! Demostraron ser uns auténticos lambóns!!

    ResponderEliminar
  2. Supoño que o obxectivo era que o pasaran ben e se se conseguiu, Misión Cumplida!!

    ResponderEliminar
  3. Pois sí, en xeral foi un bo día, disfraces preciosos, fotos (algúns posando como auténticos artistas), castañas (algúns aínda quixeron a súa merenda), baile, entrega de premios e acabamos bailando o Hoky Poky que cada día nos gusta máis. Non hai queixa, agora toca esperar á seguinte celebración!

    ResponderEliminar