UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 9 de octubre de 2013

COUSIÑAS DE OUTONO


O pasado luns estivemos vendo como é o millo que come o pitiño Pepe, e supoñemos que Cocorico tamén. Cando lles mostrei aos pementeir@s unha espiga ou mazaroca de millo, só Leo foi capaz de dicirme o que era. A cousa non era fácil de adiviñar porque o millo estaba escondido debaixo de moitas follas.

Despois de sacarlle esas follas de fóra, xa poidemos descubrir os grans amarelos de millo.
Agora temos a mazaroca de millo metida nun recipiente cun pouco de auga, e estamos esperando a ver o que pasa. Despois dunha semana enteira descubrimos que lle brotou unha folliña pequeniña e  seguimos esperando a ver como evoluciona a cousa.




Mentres esperamos adicámonos  a facer cogomelos de plastilina, porque no outono tamén se poden atopar moitos cogomelos nos montes.



Roi, que ten moita personalidade  e busca diferenciarse, decidiu que en vez de facer un cogomelo ía facer un caracol e, como lle quedou moi ben, pois tamén o poñemos no blogue.

Hoxe Noa tróuxonos castañas. Estivemos vendo como medran dentro dos ourizos nas pólas dos castiñeiros, logo cando o ourizo vai secando e xa lle saen as castañas de dentro. Noa contounos que as colleu no monte coa súa avoa e que tiñan unhas pinzas para coller os ourizos e non pincharse coas púas. Inés explicounos que ela lle vai pedir ao seu pai que compre unhas luvas para coller os ourizos das castañas.


E agora temos un pequeno recuncho de cousiñas de outono na Pementeira.








2 comentarios:

  1. Qué interesante é o outono. Cantas cousas novas descubrimos con el. Disfrutade pementeir@s. Un bico enorme a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili, é verdade que o outono ten moitas cousas interesantes e tamén ricas. E as cores son fermosísimas. Estamos intentando descubrir moitas destas cousas e pouquiño a pouco vai aumentando o noso recunchiño.

      Eliminar