Onte, mércores 29 de outubro, celebramos no cole a Festa do Samaín. As aulas de infantil enchéronse de bruxas, esqueletes, monstros, cabazas, vampiros... Daba medo pasar por alí. Pero, a verdade é que o pasamos moi ben. Mirade que elegantes estaban todos...
Despois da sesión de fotos, a profe María fixo entrega do premio do concurso de bruxas. No ciclo de Infantil a gañadora foi Carolina, de 5 anos coa súa Familia Brujaltar.
E a continuación todo o mundo a bailar!
E para rematar unha xornada festiva, nada mellor que comer unhas boas castañas asadas aproveitando o día frío pero sen choiva.
Como vedes foi un día ben completiño. Agora a descansar uns días e á volta xa veremos que máis actividades nos esperan no cole.