UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 10 de septiembre de 2013

¡XA ESTAMOS AQUÍ!

Empeza un novo curso escolar. Todos estamos un pouquiño preocupados polo que vai pasar a partir de mañán. Eu teño un novo grupo de pequepementeiros/as de 3 aniños cos que vou vivir novas experiencias. Vós, papis e mamis, ides deixar aos voso fillos e fillas no cole Rosalía, na aula "A Pementeira", cunha profe á que a maioría non coñecedes. Os nenos e nenas teñen que levantarse cedo, coller as súas mochiliñas e deixar a seguridade dos espazos coñecidos (a casa ou a gardería) e dos adultos cos que sentían seguros para enfrentarse a unhas vivencias que lles dan un pouquiño de medo probablemente. Como vedes, é normal que todos estemos un pouquiño nerviosos. Pero non pasa nada,  a vida está chea de cambios, de retos, de viaxes... e iso é bo. 
Hoxe quero iniciar este novo blogue con moito optimismo, con ilusión polo camiño que estamos iniciando, con ganas de disfrutar da vitalidade dos pequepementeiros de 3 anos e con desexos de aprender todos os días. Así que, papis e mamis, axudádeme a contaxiar aos nenos e nenas dese mesmo optimismo. 
¡Benvidos Iago, Yago, Mariña, Alma, Inés, Antía, Roi, Anxo, Sara, Lucía, Iker, Leire, Alonso, Noa, Zinthia, Nora, Lucas, Leo, Alba, Ana, Samuel, Candela!
¡IMOS  APRENDER  MOITO
 TODOS  XUNTOS!

2 comentarios: